UNICEF únese a unha iniciativa para facer máis transparente a xestión da axuda

UNICEF anunciou hoxe que se uniu á Iniciativa Internacional de Transparencia na Axuda (IATI polas súas siglas en inglés) para mellorar o acceso público á información relacionada co uso dos fondos conseguidos.

UNICEF únese a esta iniciativa xunto ao Banco Mundial, o Departamento Británico para o Desenvolvemento Internacional, o Banco de Desenvolvemento Africano, a Comisión Europea e outros organismos. IATI fará máis accesible a todos esa información, creando estándares comúns para poder compartir a información relativa á xestión dos fondos. Como parte do seu compromiso por lograr unha maior transparencia e mellorar a rendición de contas, UNICEFfará público por internet as cifras, a distribución e os resultados dos investimentos en desenvolvemento. Isto permitirá un mellor seguimento do uso da axuda e dos logros conseguidos polos contribuíntes e os beneficiarios.IATI proporciona un estándar común, aberto e internacional, acordado en 2011, para publicar máis e mellor información sobre a axuda.  

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es