UNICEF traballa para manter a salvo ás comunidades contra a propagación do Zika

UNICEF está a traballar cos gobernos para mobilizar ás comunidades na súa protección contra o virus do Zika, que se converteu nunha emerxencia de saúde  pública que afecta a máis de 20 países en Latinoamérica e o Caribe.

"Aínda que aínda non hai probas definitivas da relación causal entre a microcefalia e o virus do Zika, é o suficientemente preocupante para merecer unha acción inmediata", dixo a doutora Heather Papowitz, asesora superior de UNICEF para emerxencias sanitarias. "Necesitamos actuar rápido para proporcionar ás mulleres e ás nais embarazadas a información necesaria para protexerse a si mesmas e aos seus bebés, e necesitamos colaborar coas comunidades para frear ao mosquito portador e transmisor do virus".
 
Os casos rexistrados de microcefalia en bebés recentemente nacidos en Brasil aumentaron até os 4.180 entre o 22 de outubro de 2015 e o 26 de xaneiro de 2016. En 2014 houbo 147 casos en todo o país. UNICEF está a colaborar con todas as comunidades en Brasil, xunto co goberno e outros aliados, con mensaxes sobre como evitar a picadura do mosquito e como eliminar os lugares onde se reproducen.
 
Ante a rápida e ampla propagación do virus, a poboación pode adoptar medidas sinxelas de protección como o uso de repelente antimosquitos, cubrir a maior parte posible do corpo con roupa de cores claras e manga longa, eliminar os sitios nos que os mosquitos poidan reproducirse, e tapar as xanelas e portas. As mulleres embarazadas que crean que estiveron expostas ao virus deben buscar atención médica.  
 
Aínda que o aumento dos casos de microcefalia só rexistrouse en Brasil, UNICEF está a ampliar o seu apoio a outros países da rexión e está en disposición de apoiar aos gobernos nacionais que o necesiten, a través da súa rede de 24 oficinas (que traballan para 35 países e territorios).
 
UNICEF lanzou un chamamento por valor de 9 millóns de dólares (8,2 millóns de euros) para os seus programas, cuxo obxectivo é deter a propagación do virus e mitigar o seu impacto nos recentemente nados e as súas familias na rexión.

Más información:

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, +1917 209 1804, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 79 963 9244, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]