UNICEF traballa en todas as emerxencias que afectan a millóns de nenos e as súas familias
Nas últimas semanas millóns de persoas víronse afectados por diferentes emerxencias en países como Libia, Xapón, Costa de Marfil ou Exipto, o que implicou a posta en marcha de plans de emerxencia por parte do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, que só o ano pasado contribuíu a paliar as consecuencias de 290 situacións de emerxencias en 98 países.
A organización subministra axuda de emerxencia en Xapón, a fronteira entre Túnez e Libia e noutros 32 países
Madrid. Nas últimas
semanas millóns de persoas víronse afectadas por diferentes
emerxencias en países como Libia, Xapón, Costa de
Marfil ou Exipto, o que implicou a posta en marcha de plans de
emerxencia por parte do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,UNICEF, que só o ano pasado contribuíu
a paliar as consecuencias de 290 situacións de emerxencias en 98
países.
A pesar do incremento do número de emerxencias nos últimos anos,UNICEF mantén e reforza a súa
dedicación a prestar o apoio necesario en cada caso para salvar as
vidas dos nenos afectados, así como para protexer os seus dereitos
en calquera circunstancia, e independentemente da gravidade da
situación. Durante as emerxencias, os nenos e as nenas son
especialmente vulnerables ás enfermidades, a desnutrición e os
casos de abuso ou violencia.
O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia traballa en máis de 150
países en desenvolvemento e en 36 países industrializados, o que
posibilita unha rápida actuación en casos de emerxencia grazas ao
traballo dos equipos que xa traballan sobre o terreo, os expertos
que se desprazan en función das características de cada emerxencia
e grazas tamén ao almacenamento, con carácter preventivo, de
materiais e subministracións que son distribuídas con inmediatez
tan pronto como se declara unha emerxencia.
En toda crise
humanitaria, UNICEF avalía as
consecuencias para identificar as necesidades dos afectados,
especialmente dos nenos, e determina que accións se deben levar a
cabo, que expertos se deben desprazar, e os equipamentos e
subministracións necesarias para unha actuación efectiva. A
resposta de emerxencia de UNICEF forma
parte dun Plan coordinado das Nacións Unidas, que elabora co
goberno do país afectado e cos colaboradores de UNICEF en cada país.
Este ano UNICEF está a centrar gran
parte dos seus esforzos na xestión de 32 emerxencias abertas en
países como Haití, Iraq, Afganistán ou a República
Democrática do Congo, que afectan a millóns de nenos e as súas
familias. A estas emerxencias, recollidas no informe Acción
Humanitaria para a Infancia, sumáronse nas últimas semanas a crise
de Libia, o terremoto e tsunami de Xapón e o conflito de Costa de
Marfil.
Situacións que esixen unha rápida resposta humanitaria como a que
se brinda na fronteira entre Libia e Túnez, onde a organización xa
distribuíu 47 toneladas de axuda, ou en Paquistán, onde ata o
momento se subministraron materiais de emerxencia para 2,8 millóns
de persoas.
En Xapón, ademais de ofrecer asesoramento ás autoridades,UNICEF fixo chegar esta semana 10
toneladas de auga, 200.000 xogos de roupa interior e materiais
educativos e de xogo e deporte. Mentres tanto, en Exipto, o Fondo
de Nacións Unidas para a Infancia brinda apoio psicosocial aos
nenos afectados polas revoltas.
Para poder contribuír
ao financiamento de todas as emerxencias, UNICEF España mantén aberto o seu Fondo de
Emerxencias, a través do cal todos aqueles
interesados poden achegar fondos ao longo de todo o ano, de forma
que, sempre que se produza unha crise humanitaria, se poderá
contribuír coas achegas realizadas:
Para máis información sobre as emerxencias vixentes no
mundo:
Xapón
Informe Acción Humanitaria para a Infancia
Fondo de Emerxencias de UNICEF España:
Caja Madrid. Conta corrente: 2038-1043-12-6000876692
Acerca de UNICEF
UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.