UNICEF responde á crecente crise en Libia pola falta de auga

Un corte da subministración de auga pode provocar unha epidemia sanitaria sen precedentes

UNICEF entregou 23.000 botellas de auga para a súa utilización en caso de emerxencia en Tripoli xa que se espera que a situación empeore na capital libia. Ademais, espérase que mañá luns 29 de agosto cheguen outras 90.000 botellas de auga.

ActualmenteUNICEF está a mobilizar uns 5 millóns de litros de auga para ser trasladados nos próximos días dende os países veciños ata Trípoli en camión ou por barco. "UNICEF está a responder ás necesidades inmediatas en Trípoli, pero seguimos extremadamente preocupados pola situación que podería provocar un corte de auga nos próximos días. Isto pode producir unha epidemia sanitaria sen precedentes" dixo Christian Balslev-Olesen. Un equipo técnico de UNICEF traballa xunto ás autoridades libias para valorar o estado dos pozos de auga, revisar as opcións de resposta e identificar fontes alternativas de auga. "A situación actual representa o peor escenario posible, e é crítico que se continúe con rapidez a subministración de auga" engadiu Balslev-Olesen. Dende o comezo do conflito, os cortes de subministración eléctrica e de petróleo puxeron en perigo o traballo da Autoridade do Gran Río Artificial, o principal distribuidor de auga potable en Libia, que podería deixar de cubrir as necesidades do país en materia de auga.

Más información:

 

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]