UNICEF presta axuda urxente a familias e nenos desprazados en Costa de Marfil

UNICEF traballa prestando asistencia ás crecentes necesidades humanitarias prestando asistencia a nenos e familias afectados pola crise desatada tras as eleccións en Costa de Marfil. Calcúlase que polo menos un 60% dos 300.000 desprazados internos que hai no país e gran parte dos 90.000 refuxiados que fuxiron á veciña Liberia, son mulleres e nenos.  

XENEBRA/ABIDXÁN. UNICEF traballa prestando asistencia ás crecentes necesidades humanitarias prestando asistencia a nenos e familias afectados pola crise desatada tras as eleccións en Costa de Marfil.Calcúlase que polo menos un 60% dos 300.000 desprazados internos que hai no país e gran parte dos 90.000 refuxiados que fuxiron á veciña
Liberia, son mulleres e nenos. En todas as emerxencias, os nenos son os máis vulnerables. Durante os tres próximos meses, UNICEF terá que seguir achegando axuda esencial e
subministracións de emerxencia ao crecente numero de nenos afectados pola crise.UNICEF traballa sobre o terreo enCosta de Marfil e en Liberia para asegurar a protección dos nenos contra a violencia, o acceso continuado a servizos
de saúde e a asistencia á escola mentres continúa a situación de inestabilidade política. Grazas ao traballo de UNICEF en Costa de Marfil ata a data, máis de 1,7 millóns de nenos de entre 6 meses e 5 anos de idade foron vacinados contra o sarampelo e outras enfermidades; miles de nenos foron analizados por malnutrición; e uns 20.000 nenos recibiron material escolar. No poboado de Nimba, en Liberia, a campaña de vacinación contra o sarampelo deUNICEF chegou a todos os nenos e mellorouse o acceso a auga potable e saneamento nas comunidades que acollen refuxiados.

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Para máis información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]
www.unicef.es