UNICEF pon en marcha un programa de vales de comida e de transferencia de diñeiro para nenos e as súas familias en Somalia

A iniciativa animará aos comerciantes a ter comida a prezos alcanzables

UNICEF e os seus aliados multiplican os seus esforzos para chegar aos nenos e familias afectadas pola fame  e a seca no sur de Somalia e puxeron en marcha un programa de vales de comida e transferencia de diñeiro en efectivo.
 

"A magnitude da crise, con 336.000 nenos con desnutrición aguda, esíxenos a todos ser creativos e atopar maneiras rápidas e innovadoras -a gran escala- para evitar que morran máis nenos", dixo a Representante de UNICEF en Somalia, Rozanne Chorlton. "A escaseza de alimentos no mercado local ha feito que os prezos aumenten dramaticamente no último ano, polo que os vales de comida e as transferencias de efectivo axudan a mellorar o poder adquisitivo local e animan aos comerciantes locais a ter máis comida a prezos alcanzables."

Xa se comprobou que as transferencias de efectivo e a entrega de vales de comida en Somalia facilitan que as familias poidan acceder a alimentos e outros produtos esenciais no mercado local.

Este mes, a través desta nova iniciativa apoiada por UNICEF, 15.000 familias no Baixo e Medio Juba e Shabelle Baixo beneficiaranse de vales de comida ou transferencias de diñeiro para comprar alimentos esenciais. ONG coas que traballa UNICEF fan un rexistro das familias e as transferencias realízanse a través da Hawala local (un sistema legal e fiable para realizar transferencias de diñeiro). O proceso será supervisado a través de terceiros para asegurar que os fondos chegan a quen máis o necesitan.

Os vales de comida están a ser distribuídos tamén por parte dos aliados de UNICEF en educación, a máis de 15.000 nenos que asisten a 212 espazos seguros para os nenos. Ante a falta de programas de alimentación escolar, estes vales proporcionan un apoio vital aos nenos afectados, mentres que tamén serven como un incentivo para aumentar a asistencia á escola.

Para poder desenvolver o programa de transferencia de efectivo a maior escala e chegar polo menos a 40.000 familias noutras zonas afectadas como Bay, Bakool, Gedo, Juba Medio e o corredor de Afgooye, UNICEF necesita 15 millóns de dólares (11 millóns de euros). No mesmo sentido, para poder chegar a máis de 100.000 nenos e as súas familias a través das escolas das áreas máis afectadas pola fame , son necesarios outros 10 millóns de dólares (7,33 millóns de euros).

"Necesitamos ampliar con urxencia estes plans para poder salvar a vida de máis nenos", dixo Chorlton. "Para facer iso, necesitamos fondos de dispoñibilidade inmediata".

Ademais deste programa e da distribución de subministracións de nutrición a 500 centros, UNICEF traballa para conseguir chegar a 200.000 familias no sur de Somalia, cunha ración suplementaria dunha mestura de millo e soia, rica en micronutrientes e hidratos de carbono. Máis de 97.000 persoas xa están a recibir esta ración, unha cifra que aumenta cada semana a medida que as subministracións chegan ás zonas máis afectadas do sur.

Para descargar videos e fotos:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

 

 

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]