UNICEF pide que se garanta a seguridade nos colexios de Iemen no inicio do curso

UNICEF chama ás partes involucradas no conflito de Iemen a protexer as escolas na semana en que os colexios do país abriron as súas portas.

Desde que o conflito intensificouse hai máis de 18 meses, os ataques a escolas, profesores e infraestruturas tiveron un efecto devastador no sistema educativo do país, e as posibilidades de millóns de nenos de acceder a unha educación.

"Os nenos son asasinados cando van de camiño ao colexio, ou mentres están nel", explicou Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen. "As partes involucradas no conflito deben manter aos nenos fóra de perigo para que teñan oportunidade de recibir unha educación", engadiu.
 
Debido á violencia e ao peche dos colexios máis de 350.000 nenos non puideron  concluír a súa educación durante o pasado ano escolar, chegando a superar os 2  millóns de nenos que están fóra da escola en Iemen. Neste sentido, Harneis lembrou que "os nenos que non van ao colexio corren o risco de ser recrutados para combater".
 
É precisamente o que ocorreu, segundo puido verificar Nacións Unidas, con 1.210 nenos, algúns de tan só oito anos, desde que o conflito se recrudeció en marzo de 2015.
 
UNICEF estima que 2.108 escolas repartidas por todo o país quedaron inutilizadas ao ser destruídas ou gravemente deñadas. Outras acollen familias desprazadas internas ou están a ser utilizadas con fins militares.
 
UNICEF está a apoiar a campaña Volta ao Colexio para proporcionar aos nenos a oportunidade de aprender. Isto inclúe a renovación de 700 escolas danadas e a provisión de mobles, material escolar e mochilas. Os profesores están a ser formados en apoio psicosocial para axudar aos alumnos a sobreporse aos horrores da guerra.
 
"Alá onde as escolas resultaron danadas, estamos a renovar e proporcionando tendas que poidan servir como aulas temporais nas que os nenos poidan aprender", dixo Harneis.
 
Durante o pasado ano e medio, UNICEF proporcionou material educativo e apoio psicosocial a máis de 575.000 nenos en idade escolar. Ademais, traballou con aliados locais para conseguir que máis de 600.000 nenos de 9º e 12º curso puidesen presentarse aos seus exames.
 
UNICEF solicita 34 millóns de dólares americanos para a construción e rehabilitación das escolas danadas, proporcionar recursos para o ensino e a aprendizaxe, formar a profesores e traballadores comunitarios para que sexan capaces de dar apoio psicosocial aos nenos e levar a cabo a campaña de volta ao Colexio.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es