UNICEF manifesta a súa preocupación polas consecuencias da violencia sobre os nenos e as nenas en Gaza e o sur de Israel

UNICEF expresou esta semana a súa profunda preocupación polas repercusións sobre os nenos e as nenas da recente escalada de violencia na Franxa de Gaza e en Israel.

O luns, un neno palestino de 15 anos morreu e outros catro resultaron feridos nunha explosión producida na Franxa de Gaza. O domingo, un neno palestino de 12 anos morreu nun ataque aéreo en Gaza. Ata a data, 14 nenos e nenas palestinos con idades dende 1 ata 17 anos sufriron feridas como consecuencia dos ataques aéreos. Na cidade de Gaza producíronse danos menores en dúas escolas. En Israel, un foguete caeu o domingo sobre unha escola que se encontraba baleira nese momento. As autoridades suspenderon as clases no sur do país, afectando a 200.000 estudantes israelís. "É preciso facer todo o posible para protexer a seguridade e as vidas de nenos e nenas inocentes", dixo a Sr.a Jean Gough, Representante Especial de UNICEF no Territorio Palestino Ocupado. "Exhortamos a todas as partes a que fagan canto estea no seu poder para protexer os nenos e nenas e poñer fin á violencia". Dende o venres pasado, os casos de violencia aumentaron debido aos ataques aéreos israelís sobre Gaza e o lanzamento de foguetes por militantes palestinos cara ao sur de Israel. O ano pasado, 20 nenos e nenas palestinos e cinco nenos israelís morreron como consecuencia de incidentes relacionados co conflito, e outros 448 nenos palestinos e dous israelís resultaron feridos. 
 

Más información:

Raquel Fernández

Directora de Comunicación de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es