UNICEF Iraq distribúe roupa de inverno para máis de 200.000 nenos

O extremo frío do inverno iraquí agravou a situación de desamparo de máis dun millón de nenos, xa que o país segue sufrindo a violencia xeneralizada e os desprazamentos. Dende xaneiro de 2014, as estimacións oficiais indican que máis de 2,1 millóns de persoas, das que máis da metade son nenos, se desprazaron ao longo de Iraq. A gran maioría dos desprazados fuxiron cara ao norte, onde as temperaturas en inverno a miúdo caen por debaixo de cero. As familias desprazadas que viven en tendas e noutros refuxios informais con acceso limitado aos servizos de saúde son especialmente vulnerables á exposición ao frío, a enfermidade e a morte.

Dende outubro de 2014, UNICEF co apoio de aliados como Save theChildrenMercy CorpsRelief InternationalActedDRCNRC e Kurds xunto con outros aliados a nivel local e axencias humanitarias e da ONU, e con doadores como KSA, subministrou conxuntos de roupa de inverno para máis de 200.000 nenos en zonas de difícil acceso. Estes kits de inverno conteñen abrigos, gorros, botas e outros artigos para o clima frío. Ademais, UNICEFdistribuíu 7.000 mantas térmicas xunto con kits de roupa. Estas iniciativas foron deseñadas para chegar ás comunidades máis vulnerables, en particular aos que viven en altitudes onde as baixas temperaturas e a neve chegan pronto, a familias que viven en edificios sen rematar e ás zonas cun alto número de familias desprazadas que aínda non recibiron ningunha axuda.

"En condicións nas que os nenos sufriron -nalgúns casos dende hai anos- violencia e exclusión de servizos básicos como o ensino, é inaceptable que non teñan zapatos, abrigos ou gorros apropiados para a tempada de inverno. UNICEF centrou os seus limitados recursos e a información do terreo para focalizar con precisión a entrega de subministracións e servizos de protección aos máis vulnerables", dixo Marzio Babille, representante de UNICEF en Iraq.

Ademais de roupa e mantas, UNICEF está a distribuír ás escolas 1.200 calefaccións, 460 extintores, e preto de 11.000 impermeables. UNICEF tamén está a protexer
escolas con illamento e lonas para evitar danos por chuvias e inundacións. O desenvolvemento de infraestruturas para evitar inundacións tamén inclúe instalacións de drenaxe e subministración de calefactores solares para asegurar que os nenos poidan ter auga quente para o seu aseo. Non obstante, co fin de chegar aos máis de 200.000 nenos que aínda necesitan axuda, aínda queda moito por facer, incluíndo 200.000 mantas, 25.000 calefaccións e 10.000 kits hipotérmicos.

Acerca de UNICEF Iraq

UNICEF está en Iraq dende 1983 traballando e apoiando o goberno para garantir aos nenos iraquís a supervivencia e o desenvolvemento de todo o seu potencial. Para manter a súa vantaxe comparativa en materia de saúde, nutrición, educación, auga e saneamento, protección da infancia e política social, UNICEF apoia o desenvolvemento de políticas favorables para a infancia, constrúe capacidades nas institucións que prestan servizos esenciais aos nenos e convoca a todos os actores na plena realización dos dereitos da infancia iraquí. A través dunha rede de persoal e aliados, os programas de UNICEF melloran os servizos básicos de saúde, garanten unha educación de calidade, o desenvolvemento de sistemas de auga e saneamento, protexen os nenos contra o abuso, a violencia e a explotación, e cobren as necesidades dos máis débiles e vulnerables. Para máis información acerca de UNICEF e o seu traballo polos nenos en Iraq: http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/irak-la-crisis-provoca-un-gran-desplazamiento-de-ninos

http://www.unicef.org/infobycountry/iraq.htmlou www.unicef.org/mena

Para contribuir ao traballo de UNICEF en Iraq:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/irak

Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]