UNICEF intensifica o seu traballo en Dadaab a medida que crecen as necesidades nos campos e as comunidades

UNICEF está a intensificar as súas operacións para poder atender as necesidades humanitarias dos nenos e as familias somalís nos campos de refuxiados de Dadaab e as comunidades próximas, ás que chegan desprazados.  

Cun fluxo de novas chegadas que limita os recursos nos campamentos e nas comunidades,UNICEF está a proporcionar axuda vital en materia de saúde e nutrición, hixiene e saneamento, e protección infantil. O ritmo medio de chegada de refuxiados somalís a Dadaab é de 1.300 persoas cada día, despois de sobrevivir ao longo camiño dende Somalia. Un 80% destes desprazados son mulleres e nenos. A poboación total dos tres campamentos próximos a Dadaab é agora de máis de 400.000 persoas. A poboación que hai nos tres campamentos existentes en Dadaab converte esta zona na terceira cidade máis grande de Kenya. Preto da metade dos nenos que chegan aos campos de desprazados dende o sur de Somalia, están desnutridos. As noticias de nenos que morren polo camiño ou xusto á súa chegada aos campamentos son, desgraciadamente, comúns.UNICEF aumentou a entrega de subministracións de alimento terapéutico a hospitais e centros de estabilización nos campos de Dadaab e as comunidades dos arredores, para o tratamento dos nenos menores de cinco anos que teñen desnutrición.

UNICEF tamén traballa coas autoridades sanitarias locais para establecer un centro nutricional na comunidade fronteiriza de Liboi para garantir que as familias que chegan a Kenya teñen acceso a servizos de nutrición e de primeiros auxilios o máis rapidamente posible.UNICEF enviou medicinas ao centro de saúde de Liboi, incluíndo kits sanitarios abondo para prestar apoio a 10.000 persoas, para o uso desta comunidade e para o tratamento dos refuxiados que cruzan ata Kenya. "Moitas familias somalís que cruzan ata Kenya por Liboi non se decatan para chegar ata os campos de refuxiados en Dadaab de que aínda deben camiñar outros cen quilómetros", di Olivia Yambi, Representante de UNICEF Kenya. "A saúde dalgúns nenos desnutridos que atravesan Liboi é tan precaria que simplemente non poden esperar ata Dadaab para recibir tratamento".

"Dispoñer de subministracións de nutrición e saúde preto da fronteira salvará vidas de nenos que doutra forma se poderían perder no seu camiño aDadaab. "UNICEF tamén está a traballar en campañas integradas de vacinación contra o sarampelo e a polio,desparasitación e subministración de suplementos de vitamina A, tanto enDadaab coma nas comunidades deLiboi, Garissa e parte de Wajir. Máis de 200.000 nenos menores de cinco anos serán vacinados nas próximas semanas. Ata o momento xa foron vacinados máis de cen mil nenos. "A desnutrición pode debilitar o sistema inmunolóxico dun neno, aumentando a súa propensión a enfermidades infecciosas como o sarampelo ou a polio", indica Ibrahim Conteh, Coordinador de Emerxencias de UNICEF en Dadaab. "Estamos a actuar agora porque estas enfermidades poden estenderse con moita rapidez en condicións de amoreamento como as que se dan agora nos campos". O acceso a auga potable e a saneamento é esencial para asegurar a saúde e o benestar dos nenos. En Dadaab, UNICEF está a posibilitar o acceso a auga limpa para 22.000 refuxiados nas inmediacións dos campos, proporcionando 1.600 xerras de auga e dous depósitos. UNICEF tamén está a traballar cos seus aliados na instalación de 16 puntos de auga para os refuxiados que camiñan dende a fronteira polas tres principais rutas que conducen a Dadaab.

En educación,UNICEF ten previsto construír 146 aulas provisionais nos campamentos para acoller os refuxiados recén chegados e poder aliviar a conxestión nos centros que xa existían. Estes centros estarán situados nos arredores dos campos, onde viven moitos dos refuxiados recén chegados. Subministracións que xa estaban almacenadas serviron para facer fronte ao fluxo de nenos nos campos: instaláronse 20 espazos de aprendizaxe ou aulas, proporcionáronse cen kits de ensino para 5.000 nenos, 60.000 libros de texto somalís, e 64 kits de ocio infantil para 6.400 nenos e mozos nos campamentos de Dadaab.UNICEF e Save the Children instalaron Espazos Amigos da Infancia para 2.000 nenos nos campamentos durante a semana pasada.UNICEF participa nunha avaliación liderada por ACNUR para determinar a existencia de violencia de xénero para, en colaboración con outros aliados, estender o apoio aos campos e as comunidades. En toda a rexión, UNICEF calcula que serán necesarios 315 millóns de dólares para ampliar as operacións ao longo de seis meses e poder chegar aos nenos nas zonas afectadas pola seca con asistencia preventiva e de emerxencia. UNICEF está centrado no desenvolvemento de intervencións integradas nos aspectos que atinxen á supervivencia e o desenvolvemento infantil.

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

SMS: Envía a palabra SOMALIA al 28028 **

 Web: www.unicef.es

Contas correntes:

BBVA(0182-2370-40-0208517159)

BANESTO(0030-8301-77-0000304271)

SANTANDER(0049-1804-16-2610410756)

ING(1465-0100-95-6000000000)

BANKIA(2038-1043-19-6000877505)

LA CAIXA(2100-5731-70-0200005001)

POPULAR(0075-0001-87-0606914075)

BANKINTER(0128-9404-02-0100010592)

BARCLAYS(0065-0100-15-0001581749)

****

Os medios poden descargarse fotografías evideos en alta resolución sobre esta emerxencia a través do noso FTP:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]