UNICEF fai un chamamento de emerxencia para dar resposta ás crises máis extremas

UNICEF fixo público hoxe o Informe de Acción Humanitaria para a Infancia 2011, solicitando, no seu chamamento anual aos doadores, 1.400 millóns de dólares para apoiar os nenos e mulleres afectados por crises humanitarias.

XENEBRA -O chamamento deste ano destaca 32 países e pon a énfase na importancia crecente de fortalecer a capacidade das comunidades de sobrepoñerse ás crises. O investimento na infancia e a construción desta capacidade de sobrepoñerse dos países e comunidades que viven ao límite non só reduce
o seu camiño cara á recuperación senón que tamén lles axuda a xestionar anticipadamente os riscos e a mitigar as perdas antes de que unha crise lles golpee, " dixo a Directora Executiva Adxunta deUNICEF, Hilde Johnson.O mundo foi testemuña de crises humanitarias moi fortes en 2010: as inundacións en Paquistán que anegaron unha quinta parte do país; o
terremoto en Haití que se cobrou máis de 200.000 vidas e desprazou a millóns de persoas ou a seca e falta de alimentos ao longo do Sahelcontinúa ameazando centos de miles de nenos con desnutrición aguda severa. Estas emerxencias destacan nos titulares dos medios de comunicación, pero existen moitas máis crises silenciosas que afectan á vida dos nenos e as súas familias.

En todo o mundo, a seca, a fame, o conflito violento, e os desprazamentos de longa duración son unha realidade para millóns de persoas. Estas crises humanitarias teñen consecuencias directas para a infancia, entre elas o recrutamento nas forzas armadas, violencia sexual, e
a perda de servizos básicos como auga, saúde e educación. A escalada sen precedentes dos desastres en Haití e Paquistán en 2010 disparou unha resposta internacional extraordinaria de todas as organizacións humanitarias e os seus aliados. Aínda así, tamén subliñou a necesidade de fortalecer a preparación e reducir o risco nas comunidades que son golpeadas repetidamente polas crises. Un compoñente importante e en crecemento da acción humanitaria é garantir ás comunidades vulnerables as habilidades para enfrontar o risco, un tema ao que UNICEF se dedica profundamente. En 2010, por exemplo, UNICEF revisou os seus Compromisos Básicos para a Infancia en Acción Humanitaria para defender os dereitos dos nenos e mulleres en crise. Cambios clave na política humanitaria da organización poñen agora maior énfase na preparación antes do comezo dunha crise, fortalecendo o enlace entre a acción humanitaria e o desenvolvemento, e resaltando a importancia da redución dos riscos de desastres.

O Informe de Acción Humanitaria para a Infancia 2011 de UNICEF presenta crise que require apoio excepcional. Mostra onde é imperiosa a acción urxente para salvar vidas, para protexer os nenos das peores formas de violencia e abuso, e para garantir o acceso a servizos básicos, como auga e saneamento, saúde, nutrición e educación. "Despois dun ano de desastres naturais e traxedias humanas desvastadores, nunca foi máis oportuno fortalecer a capacidade das persoas e comunidades que están sistematicamente expostas ao impacto dos desastres de sobrepoñerse, " dixo Johnson. Os 32 países obxectivo deste chamamento foron priorizados sobre a base da magnitude da crise, a gravidade do seu impacto nos nenos e mulleres, a natureza crónica ou prolongada da crise, e o potencial para conseguir salvar vidas e resultados a longo prazo.  

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos. Existen materiais en vídeo que se poden descargar dende este enlace:

 https://unicefweb.unicef.es/com/emergenciassilenciosas
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]