UNICEF fai un chamamento ao Cumio do G7: os nenos deben estar no centro das políticas de sostibilidade
Con motivo do Cumio do G7 que terá lugar os días 7 e 8 de xuño en Bavaria (Alemaña), UNICEF Comité Español fai un chamamento aos líderes dos países industrializados para que se centren na redución da pobreza infantil e que inclúan as perspectivas de infancia cando aborden asuntos globais, como a nova axenda de desenvolvemento sostible.
Segundo UNICEF,
máis de 570 millóns de nenas e nenos no mundo viven actualmente por
debaixo do albor internacional de pobreza, con menos de 1,25
dólares ao día (1,11 euros). Case a metade das persoas que viven en
extrema pobreza son nenos e adolescentes.
"Dar aos nenos a oportunidade de crecer ben e seguros é unha
condición importante para o desenvolvemento económico, a
estabilidade social e a paz", afirmou Javier
Martos,
director executivo de UNICEF Comité Español.
Durante o Cumio J7 da Xuventude, que tivo lugar do 7 ao 13 de maio
en Berlín, déronse importantes pasos cando 54 adolescentes de 19
países expresaron as súas opinións e recomendacións sobre os temas
da axenda do G7 e llos presentaron ao Chanceler
alemán Angela
Merkel.
As súas recomendacións incluían a petición de aumentar a
participación dos mozos na toma de decisións políticas, máis
investimento por parte dos países industrializados en investigación
e educación, maior atención para rematar coa pobreza infantil e o
establecemento de estándares sistemáticos para unha economía
xusta.
O Cumio do G7 en Alemaña é o punto de partida dunha serie de
conferencias internacionais sobre cooperación ao desenvolvemento e
cambio climático. En Addis
Ababa,
Etiopía,
en xullo, levaranse a cabo as negociacións sobre o financiamento da
Axenda sobre Desenvolvemento Sostible global. No cumio especial de
Nacións Unidas en setembro preténdese adoptar a Axenda de
Desenvolvemento Sostible. En decembro as negociacións sobre Cambio
Climático internacional continuaranse en París.
Para máis información sobre os resultados do cumio J7 e os obxectivos de Desenvolvemento Sostible: www.j7summit.org e www.unicef.org/post2015.
O documento de posicionamento final do cumio J7 pódese descargar aquí.