UNICEF España: As medidas contra a crise deben ter en conta o seu impacto nos nenos

Un informe publicado pola Comisión Europea advirte dos efectos sobre as familias con nenos dalgunhas das medidas adoptadas en 2010 e 2011 en España e outros 5 países europeos

UNICEF España fai un chamamento para que as medidas que se tomen contra a crise teñan en conta e protexan os nenos, xa que segundo un informe publicado pola Comisión Europea algunhas decisións adoptadas en 2010 e 2011 terán un maior impacto nos niveis de ingresos e de pobreza nas familias con nenos.  

Este informe demostra que existen ferramentas que permiten valorar con anterioridade á súa implementación o impacto das medidas nos nenos e tamén pon de manifesto que hai decisións que afectan en menor medida á infancia ou que, polo menos, protexen os nenos dos fogares máis pobres. Por esa razón, e co fin de protexer á infancia, UNICEF España considera que é imprescindible que ante as posibles medidas que se poidan tomar no futuro inmediato, e especialmente de cara á elaboración dos presupostos de 2013, se protexa ao grupo de idade máis vulnerable do noso país: a infancia. Como reflicte o informe publicado por UNICEF España en maio pasado, a pobreza infantil entre 2008 e 2010 aumentou un 10%. O estudo publicado pola Comisión Europea Efectos distributivos das medidas de austeridade: comparativa de seis países da UE describe cales son os efectos potenciais dalgunhas medidas tomadas en 2010 e 2011 sobre a distribución da riqueza e en que grao poden afectar a distintos tipos de fogares: con nenos, con maiores de 65, e o total de fogares. Os países analizados son Irlanda, Grecia, Estonia, Reino Unido, Portugal e España.

  
No caso de España as medidas de austeridade analizadas son basicamente: a suba do IRPF nos tramos de renda máis altos, os recortes e conxelación en axudas e prestacións monetarias, a conxelación das pensións e a suba do IVE (do 16 ao 18%). O estudo non considera medidas tomadas polas Comunidades Autónomas.UNICEF España recorda que é fundamental poñer en marcha medidas específicas de apoio ás familias e á infancia nos plans de acción previstos para os próximos meses, tal e como se comprometeu o goberno o pasado mes de xuño. Ao igual que o pleno do Congreso dos Deputados que, tamén en xuño pasado, aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei nesta mesma dirección.

 
Efectos distributivos das medidas de austeridade: comparativa de seis países da UE: 

 http://www.socialsituation.eu/research-notes/SSO2011%20RN2%20Austerity%20measures_final.pdf
 
 
Infancia en España 2012-2013 – UNICEF España:
https://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/la-infancia-en-espana-2012-2013

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]