UNICEF España: é urxente un Pacto de Estado para blindar os dereitos da infancia

A organización presenta un informe no que analiza a situación da infancia, pon de relevo o seu valor social e propón medidas concretas para un Pacto de Estado

UNICEF Comité Español considera urxente un Pacto de Estado para abordar aspectos básicos orientados á redución da pobreza infantil e a garantir a igualdade de oportunidades na educación. Na súa análise da situación da infancia, a organización urxe aos axentes políticos e sociais a situar á infancia como unha prioridade e a recoñecer o seu valor no presente e na construción da sociedade do futuro.

"É o momento de comprometernos todos nun pacto que blinde os dereitos da infancia", indicou esta mañá Carmelo Angulo, presidente de UNICEF Comité Español, durante a presentación do informe A infancia en España 2014. O valor social dos nenos: cara a un Pacto de Estado pola Infancia. "Os datos falan por si mesmos e non podemos virarlles as costas. Responsables políticos e a nosa sociedade, todos, debemos cambiar esta realidade para romper a tendencia, por dous motivos: para asegurar o benestar e a igualdade de oportunidades para os nenos, que é o seu dereito, e porque a infancia de hoxe é a que construirá o país de mañá", indicouAngulo. Segundo datos do INE, un 27,5% dos nenos (2,3 millóns) está en risco de pobreza no noso país[1]. Esta taxa de pobreza ten entre as súas causas o número de fogares con nenos con todos os adultos desempregados, que se triplicou dende 2007 e xa se achega ao millón. Tamén creceu a porcentaxe de nenos que sofren privación material severa: dun 5,5% en 2008 pasou a un 8,3%.

 O estudo tamén pon de manifesto que a pobreza en España segue tendo rostro de neno. En xeral, a súa incidencia está máis estendida e é máis severa e intensa na infancia que no resto da poboación. E, analizando os datos por tipo de fogar, a tendencia confírmase: os fogares con nenos son significativamente máis pobres que a media e que os fogares sen nenos. Xunto aos indicadores de benestar, España ten unhas taxas moi altas de fracaso escolar (23,1%) e de abandono escolar (23,5%, a máis alta da UE), aínda que melloraron. As bolsas e axudas de comedor e libros, dous elementos clave para reducir a desigualade no acceso á educación, víronse moi afectadas nos últimos anos. O investimento en bolsas de libros ou sistemas de préstamo reduciuse nun 45% dende 2008.

A evolución do benestar e da igualdade de oportunidades na educación reflicte que as políticas de infancia non están a ser efectivas para frear a pobreza e a desigualdade. O noso país é, tras Grecia, o segundo da UE menos capaz de recortar a pobreza infantil: España fai un esforzo de investimento en políticas de protección social da infancia moi inferior á media da UE, cun gasto por habitante de 270 € ao ano fronte a 510 € da media europea. Pola súa banda, a dotación presupostaria dos gobernos nacional e autonómicos para a infancia diminuíu un 7% dende 2007, e dende o ano 2010 a redución foi do 14,6%. "Non é posible, en ningunha parte do mundo, loitar contra pobreza e a desigualdade sen dedicar un presuposto, un investimento suficiente para abordar de forma eficiente todas as medidas necesarias," dixo o presidente de UNICEF Comité Español.O valor social da infancia: cara a un Pacto de Estado

 Á situación de pobreza e desigualdade únese a evolución demográfica. Os datos doINE calculan que o noso país perderá en 10 anos 2,6 millóns de habitantes e haberá case un millón menos de nenos menores de 10 anos. Precisamente as políticas que promoven a natalidade están relacionadas con aquelas que facilitan unhas mellores condicións para os nenos e as súas familias. E un país con máis nenos é, entre outras cousas, un país máis sostible. De seguir esta evolución, España estará ante dous difíciles escenarios: un país con cada vez menos nenos, ou un país roto pola brecha das desigualdades. Outros escenarios son posibles, pero para iso é necesario un consenso social e político que permita un novo enfoque centrado no benestar das persoas e máis estratéxico respecto á infancia. "Polos dereitos que ten cada neno e porque na pobreza infantil está o xerme dunha sociedade máis pobre e máis desigual no futuro", puntualizou Carmelo Angulo. A suma de todos os datos e argumentos que recolle o informe levou aUNICEF Comité Español a sinalar a urxencia dun Pacto de Estado pola Infancia, que xa se vén formulando dende o ano pasado por parte de varias organizacións e plataformas sociais. "Ao igual que no seu día o Pacto deToledo blindou os dereitos dos nosos maiores, é necesario completar ese tratando blindando os dereitos do outro sector de poboación que non ten recursos por si mesmo: a infancia. E hoxe presentamos propostas concretas para ese pacto", dixo Angulo.Elementos crave da proposta deUNICEF Comité Español:

  • A loita contra a pobreza infantil e pola inclusión social da infancia, incluíndo medidas como establecer unha axuda universal por fillo a cargo, revisar e mellorar todas as axudas e apostar por uns servizos públicos inclusivos e accesibles.
  • A aposta por unha educación inclusiva e de calidade, que inclúa medidas contra o abandono e o fracaso escolar, se comprometa coa estabilidade normativa e do modelo educativo, garanta o apoio escolar, as bolsas de libros e as de comedor aos que o necesiten, a protección dos recursos económicos destinados á educación e o enfoque inclusivo do sistema, incluíndo a promoción do acceso ao ensino para os nenos de 0 a 3 anos.
  • Elementos xerais, que afectarían a cambios lexislativos necesarios para mellorar a situación da infancia, o impulso á participación infantil, visibilizar e protexer á infancia nos presupostos ou mellorar a coordinación das políticas e servizos dirixidos aos nenos entre as distintas administracións.


O Pacto de Estado debe incluír, ademais, un mecanismo que estableza metas, indicadores e procesos de seguimento, que permitan medir e avaliar os avances realizados. Co informe presentado hoxe iníciase un proceso de traballo cuxo obxectivo é a consecución do pacto, no que se quere involucrar, ademais de aos nenos e as familias, aos partidos políticos e outras institucións, organizacións sociais, sindicatos, empresarios e a sociedade en xeral. A proposta do Pacto está aberta ao apoio e as achegas dos cidadáns a través da páxina web www.unicef.es/pactoinfancia

 Ás 12.30 do martes, 24 de xuño, no Museo de América, ten lugar un acto de presentación do informe a representantes de distintos sectores sociais. Pódese seguir en directo en www.unicef.es/directo

Para descargar o informe completo:

http://www.unicef.es/sites/www.unicef.es/files/infancia-espana/unicef_informe_la_infancia_en_espana_2014.pdf

Vídeos:

http://youtu.be/PyXuWOzTKcU    

http://youtu.be/25_B7o0QJGw


[1] Risco de pobreza: aquelas persoas que viven en fogares cuns ingresos por debaixo do 60% da mediana dos ingresos anuais por fogar. En España ese albor de risco de pobreza é duns ingresos de 17.040 euros anuais para unha familia de dous adultos e dous nenos menores de 14 anos con datos de 2013.

Más información:

:Dirección de Comunicación UNICEF España

Tlfos: 91 334 41 37 / 91 378 86 01 / 91 378 86 03 / 91 378 85 91

Móviles: 609 160 051 / 616 049 412

E-mail: [email protected]