UNICEF envía equipos e subministracións en resposta ás necesidades humanitarias pola crise de Libia

A medida que crece a preocupación polo aumento do número de desprazados e traballadores emigrantes cara a Túnez, UNICEF está a enviar persoal e subministracións á fronteira occidental e oriental de Libia.

Nova York/Túnez -O Director de Operacións de Emerxencia deUNICEF, Louis-Georges Arsenault chegou onte mércores a Túnez para reunirse con representantes do goberno, axencias daONU e a Media Lúa Vermella para falar sobre as necesidades humanitarias detectadas tras os disturbios rexistrados en Libia.

Espérase que os voos regulares fretados por UNICEF cheguen ás dúas capitais veciñas nos próximos días con máis de 160 toneladas métricas de subministracións para cubrir as necesidades humanitarias inmediatas nas fronteiras de Exipto e Túnez, e para unha posible resposta en Libia.

Este primeiro envío de materiais, que inclúe kits de hixiene, subministracións nutricionais, de xogo e de apoio psicosocial é prioritario. A pesar de que se informou que o número de familias que cruza a fronteira é baixo ata o momento, UNICEFestá preocupado polos nenos e mulleres que se viron gravemente afectados polos disturbios producidos en Libia.Arsenault viaxou onte mércores a Rentes Jdir, na fronteira entre Túnez e Libia, para reunirse con persoas que fuxiron dos disturbios en Libia. Tamén manterá encontros con equipos de emerxencia e autoridades locais para falar das necesidades detectadas na fronteira de Túnez.

UNICEF realizou un documento titulado Necesidades Inmediatas no que solicita 7,2 millóns de dólarespara atender as necesidades urxentes dos nenos e as mulleres afectados pola crise en Libia. Este documento alimentará o chamamento de fondos conxunto das axencias, que se producirá nos próximos días. A petición de fondos prodúcese ao mesmo tempo que UNICEF está a ampliar as operacións, levadas a cabo polo persoal desprazado, nas rexións fronteirizas de Túnez e Exipto, co fin de cubrir as necesidades das persoas que fuxiron e dos traballadores emigrantes desprazados polos disturbios en Libia.  

En ambos os dous lados da fronteira, UNICEF está a traballar en colaboración co Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), a Organización Internacional para as Migracións (OIM) eas Sociedades da Media Lúa Vermella de Exipto e Túnez.UNICEF España habilitou as seguintes contas para mobilizar recursos para a emerxencia de Libia. Doazóns para a emerxencia de Libia

  • BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA 0182 5906 88 0201517156
  • BANCO ESPAÑOL DE CREDITO 0030 8301 77 0000304271
  • SANTANDER 0049 1804 16 2610410756
  • ING 1465 0100 95 6000000000
  • CAJA MADRID 2038 1043 19 6000877505
  • LA CAIXA 2100 5731 70 0200005001
  • BANCO POPULAR ESPAÑOL 0075 0001 87 0606914075

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Diana Valcárcel,
UNICEF España:
649 923 745 
[email protected]