UNICEF distribúe subministracións para que 120.000 persoas teñan acceso a auga en Malí tras o brote de cólera

Tras o recente brote de cólera detectado en Malí, UNICEF xa enviou 20.000 kits de auga, saneamento e hixiene ao norte do país como parte da súa resposta de emerxencia.

O envío inclúe subministracións abondo para unhas 120.000 persoas, entre elas as 60.000 nenos. Todos eles poderán dispoñer de pastillas potabilizadoras de auga, recipientes de almacenamento e outros materiais que serán distribuídos nas localidades de Gao e Tombuctú, no norte de Malí, onde se produciron os brotes de cólera. As subministracións serán distribuídas a través dos colaboradores locais de UNICEF que traballan no terreo. Dende o comezo do brote de cólera, hai uns dez días, morreron seis nenos e detectáronse 56 casos nas localidades de Wabaria, Labbezanga eAnsongo, na rexión de Gao, a beiras do río Níxer. Aínda que a cólera é endémica nos países do Sahel, a crise nutricional que afecta a toda a rexión, xunto ao desprazamento masivo de poboación e o inicio da tempada de chuvias, aumenta o temor a un forte incremento dos casos de cólera nas próximas semanas. "Debemos facer todo o posible para evitar unha maior propagación da cólera no norte de Malí, unha rexión que está a resultar moi afectada polos enfrontamentos e a crise alimentaria", subliñou Frederic Sizaret, Representante Adxunto de UNICEF en Malí. "Con estes kits, 20.000 familias do norte terán acceso a unha auga máis limpa e a mellores condicións para protexerse contra a enfermidade, sobre todo os nenos, que son os máis vulnerables. " Tan pronto como se detectou a epidemia, UNICEF enviou un convoi de emerxencia composto por tres camións que transportaban medicamentos e equipamento para axudar aos colaboradores locais que se encontran na rexión deGao a facer fronte aos 500 casos de cólera recoñecidos.  

Xa se puxo en marcha un dispositivo dirixido a previr que a cólera afecte a medio millón de persoas que se encontran en zonas de alto risco. Ademais da subministración de materiais, lévanse a cabo sesións formativas para previr a extensión da cólera, explicando como tratar a auga e fomentando mellores prácticas de hixiene. Cada un dos 20.000 kits que se van distribuír esta semana, contén bidóns pregables e cubos, ademais de pastillas potabilizadoras de auga e xabón abondo para unha familia de seis membros durante seis meses. Segundo Frederic Sizaret, "a epidemia de cólera súmase á crise nutricional e os problemas de seguridade que sofre actualmente Malí, o que aumenta a vulnerabilidade das persoas e pon en perigo os esforzos que se están a realizar para responder á emerxencia. Necesitamos urxentemente máis fondos para responder á magnitude desta crise". Ata xuño deste ano, só se recibiu o 12% dos 15,8 millóns de dólares (12,8 millóns de euros) necesarios para que UNICEF poida responder á emerxencia enMalí con programas de auga, saneamento e hixiene.

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]