UNICEF denuncia o asasinato de nenos, nenas e mulleres na cidade siria de Homs

UNICEF denunciou onte o presunto asasinato de varios nenos, nenas e mulleres, cuxos corpos foron descubertos, o domingo na cidade siria de Homs.

Segundo informacións de Sirya e dos medios de comunicación internacionais, entre as vítimas descubertas na veciñanza de Karm el-Zeytoun, deHoms, había nenos e nenas de curta idade. Algúns dos corpos apareceron degolados. Outros presentaban marcas de tortura. "É difícil aceptar este tipo de ferocidade, especialmente cando entre os afectados hai nenos e nenas que pagan o prezo máis alto por acontecementos sobre os cales non teñen ningún control," dixo a Directora Rexional de UNICEFMaria Calivis. "Exhortamos urxentemente a todas as partes nesta crise a que asuman a súa responsabilidade de protexer os nenos".  

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]

Peter Smerdon, UNICEF, Nova York,Tel: + 1 212 303 7984, [email protected]

Marixie Mercado,UNICEF, Xenebra, Tel: + 41 22 909 5716, [email protected]