UNICEF: debe rematar a crueldade e a violencia contra os nenos en República Centroafricana

Polo menos 133 nenos mortos ou mutilados nos últimos dous meses

Os equipos de UNICEF na rexión de África Occidental encóntranse horrorizados pola crueldade e a impunidade coa que os nenos están a ser asasinados e mutilados en República Centroafricana.

Segundo a axencia da ONUpara a infancia, nas últimas semanas rexistráronse niveis de violencia contra os nenos sen precedentes durante os ataques sectarios e as represalias producidas entre as miliciasanti-Balaka e os ex-combatentesSeleka, actos que constitúen unha grave violación dos dereitos dos nenos. "Cada vez hai máis nenos que son obxectivo dos ataques pola súa relixión ou pola súa comunidade", dixo o Director Rexional deUNICEF para África Occidental e Central, Manuel Fontaine. "A violencia sectaria en República Centroafricana intensificouse, tanto na capital Bangui, como no oeste e centro do país. " En dous meses de conflito étnico-relixioso, polo menos 133 nenos morreron ou foron mutilados, algúns deles dunha forma terrible.UNICEF confirmou que se produciron casos de decapitación e mutilación de nenos de xeito intencionado, e é consciente de que hai nenos que foron feridos no lume cruzado, aos que se lles tivo que amputar extremidades debido a que a inseguridade lles impedía chegar a tempo ao hospital para recibir tratamento. Só na cidade de Boali, ao noroeste da capital, unha de cada catro vítimas foi nenos, contabilizándose 22 mortos e 42 feridos dende principios de decembro. Se ben a violencia se produce dende todos os grupos, recentemente as poboacións musulmás están a ser o principal obxectivo dos ataques, provocando a evacuación de comunidades enteiras e un aumento significativo no número de nenos non acompañados, separados das súas familias. Estes nenos están particularmente en risco.

UNICEF fai un chamamento ao goberno, a comunidade, líderes da sociedade civil e relixiosa que contan coa confianza das súas comunidades para que axuden a poñer fin a esta violencia e para traballar xuntos cara á reconciliación. "Non hai futuro para un país no que os adultos poden atacar con violencia a nenos inocentes con total impunidade", agregouFontaine. "Todos os nenos en República Centroafricana deben ser protexidos. " Segundo UNICEF as graves violacións contra os nenos deben ser investigadas, xulgadas e penadas pola lei. . Os grupos armados e as milicias deben ser desarmados inmediatamente. . A asistencia humanitaria imparcial debe ser capaz de chegar aos nenos en maior risco. . A seguridade debe ser restablecida polas forzas nacionais, as forzas da Unión Africana e as tropas francesas para que as familias poidan regresar aos seus fogares. . Débese promover a reconciliación. O goberno de transición, a sociedade civil, relixiosa e organizacións de mozos teñen que traballar xuntos para inclinar a balanza do medo cara á reconciliación. "Os ataques contra os nenos deben ser denunciados sistematicamente pola sociedade civil, o goberno de transición, as organizacións internacionais e os medios de comunicación", concluíu Fontaine. "A impunidade debe rematar. "

Nota

Con máis de 150 membros do persoal no terreo,UNICEF incrementou considerable e rapidamente as súas operacións humanitarias en RCA para poder responder axeitadamente á crecente magnitude e gravidade desta crise. UNICEF está a fortalecer a súa presenza sobre o terreo mediante a incorporación de máis persoal nas oficinas de terreo establecidas en Bossangoa,Bambari e Kaga Bandoro, así como a coordinación de estratexias de difusión no oeste e centro do país.

Más información:

Dailo Allí,  Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]