UNICEF dá a alarma sobre o recrutamento de nenos soldado en Malí

A organización urxe a todas as partes a que manteñan afastados os nenos do conflito.

UNICEF conta con diversos informes verídicos que sinalan que os grupos armados que operan no norte de Malí están a recrutar cada vez a máis nenos, utilizándoos con fins militares. Se ben é difícil ter cifras exactas, fontes fiables sinalaron que poderían ser centos, e en aumento.  

En xullo,UNICEF informou de que polo menos 175 nenos, de idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, foron recrutados directamente polos grupos armados establecidos no norte.UNICEF fai un chamamento a todas as partes no conflito, incluíndo líderes e membros das comunidades, a protexer os nenos fronte aos perigos dos conflitos armados e evitar que participen nas hostilidades. Cando un neno participa activamente nun conflito, xa sexa como combatente ou como apoio, estará exposto a un alto risco que supón un impacto potencialmente negativo a longo prazo na súa saúde e benestar. O recrutamento e utilización de nenos menores de 18 anos por parte de grupos armados está prohibida polo dereito internacional, chegando a constituír un crime de guerra e crime contra a humanidade se os nenos recrutados teñen menos de 15 anos. No norte de Malí a taxa de desnutrición global está entre as máis altas do país. As escolas foron pechadas durante gran parte do ano. Decenas de miles de familias foron expulsadas das súas casas e expostas á violencia e a dor. A cólera xurdiu ao longo do río Níxer. A mediados de agosto, UNICEF recibira só o 28 por cento do seu chamamento de emerxencia, estimado en 58 millóns de dólares (71,60 millóns de euros) para o ano 2012.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]