UNICEF continúa o seu traballo humanitario a grande escala a favor dos nenos de Sirya

No medio da crecente tensión que sofre a rexión que provocou xa máis de dous millóns de refuxiados, UNICEF continúa prestando axuda urxente aos nenos que se encontran dentro de Sirya e nos países veciños: Xordania, Líbano, Turquía, Iraq e Exipto.

"Esta é unha das maiores operacións de axuda humanitaria que UNICEF levou a cabo", dixoMaria Calivis, Directora Rexional deUNICEF en Oriente Medio e o Norte de África. "Estamos a traballar sobre o terreo, todos os días, grazas a unha ampla rede de aliados especializados para chegar aos nenos sirios en toda a rexión" engadiu.UNICEF calcula que en menos dun ano aumentou máis de dez veces o número de nenos sirios refuxiados, pasando de 70.000 a máis de 1 millón. Nas últimas semanas, uns 2.500 nenos cruzaron cada día as fronteiras de Sirya. Para satisfacer as crecentes necesidades humanitarias dos afectados, estase a traballar na distribución de materiais esenciais como auga embotellada, tanques de auga e pastillas potabilizadoras de auga, bidóns, subministracións nutricionais, kits de hixiene e subministracións contra enfermidades diarreicas, xabón, mantas, roupa de inverno e outros materiais de uso doméstico. A medida que vai comezando o novo curso escolar en toda a rexión,UNICEF está a traballar para facilitar o regreso dos nenos ás aulas, proporcionando mochilas, material escolar e mobiliario para as escolas. Dende principios de ano, UNICEFsubministrou auga potable a máis de 10,2 millóns de persoas afectadas pola crise, apoiou a vacinación de máis de 2,4 millóns de nenos contra enfermidades, inscribíronse 278.000 nenos en programas educativos e 468.000 nenos participaron en actividades recreativas. Como parte do maior chamamento realizado polas Nacións Unidas na súa historia, UNICEF solicitou 470 millóns de dólares (356,69 millóns de euros) para responder á crise de Sirya. UNICEF aínda necesita 189 millóns de dólares (143,43 millóns de euros) para continuar o seu traballo. Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto** coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web:

www.unicef.es/siria

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Para descargar vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/siria

Usuario:  Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]