UNICEF: as cidades non satisfán as necesidades dos nenos

Algunhas das maiores desigualdades prodúcense en zonas urbanas, segundo o informe Estado Mundial da Infancia 2012 difundido hoxe Nas cidades viven 1.000 millóns de nenos, en moitos casos con dificultades para acceder a auga potable ou saneamento

Nova York, 28 de febreiro 2012. - Segundo o informe Estado Mundial da Infancia 2012: Os nenos nun mundo urbano, difundido hoxe por UNICEF, o proceso de urbanización está a deixar a centos de millóns de nenos sen acceso servizos esenciais nas cidades e os pobos.  

É inevitable que a poboación siga aumentando nas zonas urbanas. En poucos anos, di o informe, a maioría dos nenos crecerá en cidades grandes ou pequenas, e non en zonas rurais. Os nenos que nacen nas cidades contribúen a que a poboación urbana aumente un 60%. "Cando pensamos na pobreza, a imaxe que tradicionalmente vén á mente é a dun neno nunha aldea rural", indica o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Pero hoxe en día, un número crecente de nenos que viven en asentamentos e barrios marxinais están entre os máis desfavorecidos e vulnerables do mundo, privados dos servizos máis básicos e sen dereito a prosperar,". "A exclusión que sofren os nenos dos asentamentos precarios non só lles priva da oportunidade de desenvolver todo o seu potencial, senón que despoxa ás sociedades dos beneficios económicos que supón unha poboación sa e ben educada" ", engade Lake.

En todo o mundo, as cidades permiten que moitos nenos gocen de vantaxes como o acceso a escolas, clínicas e áreas de xogo. Non obstante, nesas mesmascidades prodúcense algunhas das maiores desigualdades en áreas como a saúde, aeducación e o acceso a oportunidades para os nenos.O desenvolvemento das infraestruturas e dos servizos non vai ao mesmo ritmo que o crecemento urbano en moitas rexións, o que priva os nenos das súas necesidades básicas. As familias que viven en condicións de pobreza a miúdo pagan máis por servizos de inferior calidade. A auga, por exemplo, pode custar 50 veces máis nos barrios pobres, onde os residentes teñen que comprar provedores privados; mentres que nos barrios máis ricos custa menos porque os fogares están conectados directamente á rede de subministración de auga.  

As privacións que afrontan os nenos nas zonas urbanas pobres con frecuencia quedan ocultas nas estatísticas, con medias que agrupan nas mesmas cifras xenerais a todos os habitantes dunha cidade, tanto ricos coma pobres. Cando se utilizan medias deste tipo para a planificación das políticas urbanas e a asignación de recursos, as necesidades dos máis pobres poden pasarse por alto.  

Cidades máis apropiadas para os nenos

É crucial unenfoque de equidade no que se dea prioridade aos nenos máis desfavorecidos onde queira que vivan.

 UNICEF insta os gobernos a poñer os nenos no centro dos procesos de planificación urbana e a ampliar e mellorar os servizos dispoñibles para todos. Para empezar, requírese información máis precisa e rigorosa para poder identificar as desigualdades existentes entre os nenos das zonas urbanas e rematar con esas disparidades. A escaseza destes datos demostra que estas cuestións non se tiveron debidamente en conta. Se ben os gobernos, a todos os niveis, poden dedicar máis esforzos a este tema, as medidas baseadas na comunidade son definitivas para alcanzar o éxito.

O informe aposta por dar maior importancia ao traballo realizado a nivel comunitario para combater a pobreza urbana e dá exemplos de asociacións que realizaron traballos eficaces a favor das persoas máis pobres das zonas urbanas, incluídos os nenos e adolescentes. Estas asociacións contribúen a lograr resultados tanxibles, como mellorar as infraestruturas públicas nas cidades de Río deJaneiro e Sao Paulo, en Brasil; lograr maiores taxas de alfabetización enCotacachi, Ecuador; ou conseguir unha mellor preparación ante posibles desastres en Manila, Filipinas. En Nairobi, Kenya, os adolescentes fixeron un mapa da súa comunidade con información que facilita a xestión da planificación urbana. En México, a iniciativa Oportunidades facilitou a realización de transferencias de efectivo para que as familias máis pobres poidan enviar os seus fillos á escola e pagar por servizos sanitarios tanto en zonas urbanas como rurais, logrando converterse nun modelo para outros países.

 No ámbito mundial,UNICEF e o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, ONU-Hábitat, levan traballando conxuntamente 15 anos na Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, construíndo alianzas que sitúen os nenos no centro da axenda en zonas urbanas, e que proporcionen servizos e creen áreas protexidas para que os nenos poidan ter unha infancia máis segura e saudable. "A urbanización é unha realidade e debemos investir máis nas cidades, redobrando os esforzos para prestar servizos aos nenos máis necesitados", conclúe Lake.

Fotos e videos dispoñibles:
https://unicefweb.unicef.es/com/estadoinfancia2012
Usuario:     Refcom
Contrasinal:   uce442087Acerca de UNICEFUNICEF traballa en máis de 190 países e territorios para axudar aos nenos a sobrevivir e desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia.UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas; e a protección da infancia fronte á violencia, a explotación e a SIDA. UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Acerca de ONU-HábitatO Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, ONU-Hábitat, é o organismo das Nacións Unidas para os asentamentos humanos. É o mandato da Asemblea Xeral da ONU para promover cidades social e ambientalmente sostibles e cidades co obxectivo de proporcionar vivenda axeitada para todos. Para obter máis información acerca do hábitat e o seu labor visite : http://www.unhabitat.org

Más información:

Para máis información:
Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]