UNICEF celebra a vitoria de Liberia fronte ao ébola, ao tempo que insta a manter a alerta mentres siga habendo casos nos países veciños

Dando a benvida ao anuncio de Liberia de hoxe de ter logrado chegar a cero casos de ébolaUNICEF eloxiou o papel crucial das comunidades na batalla contra a epidemia nese país. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia advirte, non obstante, de que a ameaza que o virus mortal representa para a rexión non terá desaparecido mentres haxa transmisión activa nos países veciños afectados.

"Hoxe unímonos a Liberia na celebración desta vitoria contra un azoute que causou tanta morte e sufrimento", dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF en Liberia. "É unha merecida homenaxe ao compromiso das comunidades que desempeñaron un papel fundamental na loita contra o ébola".

Yett advertiu, non obstante, de que Liberia non pode permitirse baixar a garda. "Ter alcanzado cero casos é o primeiro paso; agora o reto é permanecer en cero. A ameaza non terá desaparecido mentres siga habendo casos nas veciñas Serra Leoa e Guinea".

Un país previamente afectado considérase libre de transmisión de ébola se non rexistra ningún novo caso durante un período de 42 días, o dobre do período máximo de incubación do virus. A última persoa que se sabe que foi contaxiada en Liberia, foi enterrada de forma segura o 28 de marzo. Non obstante, a vixilancia continúa, sobre todo nas zonas fronteirizas, e os aliados implicados na resposta están listos para actuar rapidamente se houbese un novo brote.

Como parte dos plans de preparación, UNICEF contribuíu a que se dispoña de kits de Illamento e Tratamento Rápido de ébola que poden despregarse de forma urxente ante novo foco no que se detect
e a enfermidade, e capacitou líderes comunitarios para informar e facilitar os cambios de comportamento necesarios para que a poboación estea protexida.

No apoxeo da crise a finais de agosto e principios de setembro, Liberia rexistrou máis de 400 casos por semana. Cara ao final do ano, o país claramente superara unha etapa crítica, coas propias comunidades facendo fronte á crise, mediante a adopción de comportamentos seguros, -como non tocar os corpos durante as cerimonias fúnebres- e asumindo a responsabilidade de rastrexar e reportar os casos sospeitosos.

Sendo un dos principais organismos na resposta á crise do ébolaUNICEF apoia os esforzos para fortalecer os servizos básicos, especialmente os sistemas de saúde e a educación, que sufriron graves retrocesos como consecuencia do brote de ébola.

"A longo prazo hai unha necesidade de reconstruír un mellor sistema de saúde, coa capacidade de identificar e responder ante calquera brote futuro, xa sexa de ébola, sarampelo ou tosferina", declarou Yett. "Temos que seguir construíndo a partir dos mecanismos de vixilancia descentralizada e baseada na comunidade, a e dos sistemas de mobilización social e resposta que se puxeron en marcha, e para iso, será necesario un financiamento continuado. "

UNICEF comprometeuse a apoiar a Liberia para capitalizar os logros alcanzados en termos de comportamento social positivo e para axudar a aplicar a mobilización social e a participación comunitaria aos esforzos de recuperación. Isto xa está a acontecer, con miles de activistas das comunidades apoiados por UNICEF despregados para apoiar a campaña de vacinación do sarampelo e a poliomielite que ten lugar do 8 ao 14 de maio.

Xunto cos seus aliados, UNICEF contribuíu a chegar con mensaxes claves de prevención a máis de 400.000 fogares en campañas de visitas casa por casa, e a máis de 1 millón de persoas a través de grupos de discusión e reunións comunitarias. UNICEF tamén formou preto de 19.000 líderes tradicionais e relixiosos e máis de 7.000 promotores para apoiar a participación comunitaria
en Liberia.

Para descargar fotos e vídeos: http://uni.cf/1Ine3aO

Más información:

Patrick Moser, UNICEF New York (currently in Monrovia), +231 77 026 7955, [email protected]

Laurent Duvillier, UNICEF West and Central Africa, +221 777 403 577, [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF New York; +1 917 209 1804, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]