UNICEF celebra unha condena histórica por crimes de guerra contra a infancia

UNICEFaplaude hoxe a condena da Corte Penal Internacional contra Thomas Lubanga polos crimes de guerra nos que se recrutaba nenos para o seu movemento armado na República Democrática do Congo (RDC).

Como resultado da decisión histórica de hoxe, Lubanga é o primeiro xefe militar que se enfronta á xustiza internacional pola utilización de nenos como armas de guerra. "Esta é unha vitoria fundamental para a protección dos nenos nos conflitos", dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "A condena de Thomas Lubanga por parte da Corte Penal Internacional envía unha mensaxe clara a todos os grupos armados que escravizan e maltratan os nenos: a impunidade non será tolerada. "Thomas Lubanga Dyilo,ex presidente das Unión de Patriotas Congoleses, foi declarado culpable de recrutar e alistar nenos menores de 15 anos e utilizalos como participantes activos no conflito da República Democrática do Congo en 2002 e 2003. Miles de nenos, algúns de tan só sete anos, foron recrutados e utilizado como combatentes, así como carrexadores, cociñeiros e escravos sexuais, por parte de todos os bandos en conflito.UNICEF incide en que o recrutamento e a utilización de nenos en conflitos é un crime de guerra. A miúdo son os nenos máis vulnerables os que sofren explotación -os orfos, e nenos que foron separados das súas familias e comunidades a causa da violencia-. UNICEF pediu en repetidas ocasións o axuizamento dos que cometen este delito.  

"A explotación de nenos por parte de grupos armados vai máis alá de violar os seus dereitos, róuballes a súa infancia", dixo Lake. "A UNICEF aléntalle que o Fiscal da CPI, Luis Moreno-Ocampo, fixese fincapé na situación dos nenos recrutados e utilizados por forzas ou grupos armados no seu axuizamento exitoso". Decenas de miles de nenos seguen sendo vítimas destas graves violacións en polo menos 15 conflitos armados en todo o mundo.UNICEF manterá os seus esforzos no traballo para rescatar estes nenos e rehabilitalos. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia vén traballando intensamente en varios países, entre eles a República Democrática do Congo, para axudar aos nenos atrapados en conflitos a través de programas de educación e capacitación técnica nas comunidades, e especialmente apoiando mulleres e nenas. Dende 2005, polo menos 35.000 nenos foron liberados ou escaparon das forzas armadas ou grupos armados na RDC e recibiron o apoio de UNICEF e os seus aliados para lograr reintegrarse nas súas comunidades e familias.

Más información:

Raquel Fernández

Directora de Comunicación de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es