UNICEF aumenta as súas operacións de emerxencia no Corno de África

2,23 millóns de nenos con desnutrición aguda en Somalia, Etiopía e Kenya.

Tras a declaración de fame en dúas rexións do sur de Somalia e coas taxas de desnutrición nun nivel de emerxencia en zonas áridas e semiáridas do Corno de África, case 720.000 nenos corren o risco de morrer se non reciben asistencia urxente. En total, estímase que hai 2,23 millóns de nenos con desnutrición aguda en Etiopía, Kenya e Somalia.

"Estamos a preparar os nosos equipos de loxística para subministrar un número sen precedentes de subministracións terapéuticas e suplementos alimenticios en todo o Corno" asegurou Shanelle Hall, Directora da División de Subministracións de UNICEF. "Se queremos salvar vidas, necesitamos actuar agora para traer cantidades importantes de medicinas, vacúas, subministracións nutricionais á rexión tan pronto como sexa posible e logo subministralos aos nenos que máis o necesitan" engadiu. As subministracións almacenadas na rexión xa foron utilizadas para apoiar os nenos das comunidades remotas afectadas pola seca, así como os nenos que se encontran en campamentos de refuxiados e de desprazados internos, dixo Hall.UNICEF traballa cos seus aliados no terreo para ver como se poden ampliar as operacións actuais e crear oportunidades como os días dedicados á saúde infantil que se celebran asiduamente en moitas partes da rexión. "UNICEF está a usar todos os medios posibles para chegar a cada neno. Pero non abonda só" co compromiso de manter os nenos e as súas familias" "con vida" dixo Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para o Leste e Sur de África. "Cada vida conta e non podemos permitirnos perder máis vidas nesta crise. "

No que levamos de mes, UNICEF subministrou, por avión, con camións e barcos, 1.300 toneladas métricas de subministracións vitais a algunhas das áreas máis azoutadas do sur de Somalia, incluíndo subministracións terapéuticas para tratar máis de 66.000 nenos desnutridos. Nos seguintes meses, UNICEF ampliará os centros de nutrición para chegar a 240.000 nenos e estender as súas tarefas para chegar a máis nenos e as súas familias. Dende Etiopía, UNICEF entregou materiais de emerxencia por valor de 1,2 millóns de dólares á rexión somalí, e UNICEF Kenya proporcionou aos seus aliados 1,4 millóns de dólares en materiais dirixidos aos nenos que se encontran en campamentos e nas áreas afectadas pola seca. Ademais, distribuíronse por avión mosquiteiras tratadas con insecticidas para previr a malaria e medicinas, incluíndo vacinas, para apoiar campañas masivas de vacinación nas próximas semanas, co fin de previr un brote da enfermidade. Para ampliar a provisión de auga potable e o acceso a servizos de saneamento, vanse perforar e rehabilitar pozos e aumentará o transporte de auga así como as actividades de promoción de hixiene.

 "Apreciamos a xenerosidade da comunidade internacional e aquelas contribucións que marcaron a diferenza. Pero necesitamos de xeito urxente máis fondos para suplir as enormes necesidades que hai. Cada minuto que pasa sen apoio vital representa a diferenza entre a vida e a morte" engadiu Sy.UNICEF estima que necesitará 100 millóns de dólares durante os próximos seis meses para aumentar de xeito importante as operacións de prevención e asistencia de emerxencia aos nenos que viven nas zonas afectadas pola seca.

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

SMS: Envía a palabraSOMALIAal 28028 **

Web: www.unicef.es

Conta corrente número: 0182-2370-40-0208517159 (BBVA)

****

Os medios poden descargarse fotografías evideos sobre esta emerxencia a través do noso FTP:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]