UNICEF amplía a súa resposta de emerxencia para os nenos e familias sirias refuxiadas que chegan a Xordania

UNICEF está a ampliar con rapidez a súa asistencia de emerxencia ante o intenso conflito de Sirya que está a ocasionar un dramático aumento do número de nenos e familias sirios que chegan a Xordania.  

UNICEF está a proporcionar apoio esencial á nova zona de acampada de Za'atari preto deMafraq, no norte de Xordania, que, segundo as previsións, recibirá 5.000 refuxiados sirios nos próximos días. Terá capacidade para 150.000. Xunto á Axencia Federal Alemá de Axuda Técnica (THW nas súas siglas), UNICEF presta o seu apoio para as infraestruturas de auga, saneamento e hixiene do campo para facer fronte ás necesidades humanitarias urxentes. Xa se instalaron bidóns de membrana de auga, 80 WC portátiles, e 80 duchas que poden dar servizo a 5.000 persoas. Os tanques de auga montaranse en canto os refuxiados cheguen ao campamento.UNICEF tamén proporcionou subministracións adicionais de emerxencia para atender as necesidades iniciais de 25.000 persoas, incluíndo kits básicos de auga para familias, tendas para levantar Espazos Amigos da Infancia, equipos de Escola nunha Maleta, kits de desenvolvemento temperán, lonas, esteiras de plástico, e outros artigos de emerxencia. Ademais, xa se instalaron os primeiros Espazos Amigos da Infancia. "Estamos a ser testemuñas dun movemento a grande escala de nenos e familias ao longo das fronteiras sirias do Sur cara a Xordania, que está a crear unha crise humanitaria," dixo Dominique Hyde, de UNICEF Xordania.

"UNICEF e os seus colaboradores traballan contra o reloxo para que o acceso a auga limpa, os aseos e as duchas estean preparados en Za'atari antes de que en cuestión de días cheguen aquí as primeiras familias sirias desprazadas" Máis de 13.000 sirios chegaron ás áreas de tránsito de refuxiados en Xordania dende principios de xullo, e case a metade deles chegaron a semana pasada, o que supón un aumento da tensión sobre os servizos actuais. UNICEFproporciona servizos esenciais de auga, saneamento e hixiene - incluíndo uns 9.000 kits de hixiene para bebés que se están a distribuír- nas catro áreas de tránsito, xunto con servizos de protección infantil e educación. Estas áreas estaban previstas para acoller 2.160 novas chegadas, pero alcanzaron un alto récord de máis de 10.000 refuxiados, superando en máis de catro veces a súa capacidade. "Máis da metade de todos os desprazados sirios son nenos e adolescentes, os que aínda teñen que soportar angustia psicosocial tras sufrir a violencia e o desprazamento. Estamos a ver un agravamento do número de mulleres que chegan cos seus nenos". Para poder soster a súa resposta de emerxencia en Xordania,UNICEF necesita 17,8 millóns de dólares, dos que aínda faltan 10,7 millóns. Isto inclúe os tres millóns que agora se necesitan con urxencia para o campo deZa'atari, para que poida instalarse o crecente fluxo de desprazados sirios.UNICEF tamén está a prestar asistencia a decenas de miles de desprazados sirios en Líbano, Turquía e Iraq, así como ás familias afectadas que permanecen en Sirya.

Más información:

Samir Badran, UNICEF Jordania

+962 79 692 6180

[email protected]

 Simon Ingram, UNICEF MENA Regional Office

+962 79 590 4740

[email protected]

 Raquel Fernández, UNICEF España

609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti Facebook Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es