UNICEF abre un centro de subministracións en Dubai para axilizar a entrega ao sur de Somalia

Para acelerar a distribución de subministracións nutricionais ás zonas afectadas pola fame  no sur de Somalia, UNICEF abriu o seu primeiro centro de tránsito de provisións no porto de Dubai.
 

Estímase que cada mes o centro xestionará unhas 5.000 toneladas dunha mestura nutritiva de fariña de millo e soia con destino a Mogadiscio e outras rexións afectadas do país.

Até agora, as rutas por mar tiveron que utilizar o porto de Mombasa, en Kenya, como porta de entrada exclusiva ao Corno de África. Mombasa se siguirá utilizando, pero o envío directo a Mogadiscio axudará a reducir a conxestión no porto e acelerar a entrega da axuda que axudará a salvar vidas.

Hai 1,5 millóns de nenos no sur de Somalia que necesitan de maneira urxente asistencia humanitaria. Deles, 450.000 nenos sofren desnutrición aguda, incluíndo 190.000 nenos que están tan severamente desnutridos que poderían morrer nas próximas semanas se non reciben a asistencia necesaria.

Os fondos para a posta en marcha do almacén foron cedidos polo empresario Klaus-Michael Kuehne a través da Fundación Kuehne. A doazón, valorada en 750.000 dólares (544.509 euros), cubrirá os gastos operativos do almacén de Dubai durante os próximos seis meses e realízase debido aos enormes desafíos aos que se enfronta UNICEF pola complexa xestión das canles de abastecemento.

"O centro de tránsito de subministracións humanitarias terá un impacto importante na ampliación da nosa resposta e mellorase a entrega de subministracións", dixo Shanelle Hall, Directora da División de Subministracións de UNICEF. "Estamos moi agradecidos polo xeneroso apoio da Fundación Kuehne".

"Isto axudaranos a garantir un fluxo regular de subministracións nutricionais que irán destinados aos nenos máis afectados e as súas familias."

Este apoio ao Centro de subministracións de Dubai representa a maior contribución de apoio loxístico realizada por parte dunha empresa privada durante a emerxencia humanitaria declarada no Corno de África. Por encima de calquera outra partida, a loxística, é dicir, a recepción, o almacenamento e transporte de subministracións, é o gasto máis importante para unha organización na súa resposta ante unha emerxencia.

"Para min, a axuda humanitaria, especialmente en África, é unha tarefa de máxima prioridade para a miña fundación", asegurou Kuehne. "A través da nosa Plataforma Loxística Humanitaria e de Emerxencia (HELP, polas súas siglas en inglés) conseguimos mellorar a eficacia e eficiencia da cadea de subministracións. Sinceramente espero que esta contribución da Fundación Kuehne a UNICEF axude a salvar as vidas dos nenos que viven nas zonas afectadas pola fame  e a seca no sur de Somalia. "

 

Para descargar videos e fotos:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

  

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

Web: www.unicef.es

SMS: Envía a palabra SOMALIAao 28028 **

Contas correntes:

BBVA(0182-2370-40-0208517159)

BANESTO(0030-8301-77-0000304271)

SANTANDER(0049-1804-16-2610410756)

ING(1465-0100-95-6000000000)

BANKIA(2038-1043-19-6000877505)

LA CAIXA(2100-5731-70-0200005001)

POPULAR(0075-0001-87-0606914075)

BANKINTER(0128-9404-02-0100010592)

BARCLAYS(0065-0100-15-0001581749)

** O custo íntegro para usuarios de Movistar, Vodafone e Orange é de 1,20 euros e irá integramente a UNICEF. Resto, consulte co seu operador, custo máximo 1,42 euros.Número curto oficial de UNICEF España. Sen fins comerciais. Operado por Alvento n.atn.clte:902887786 alvento.es. Información legal e protección de datos: unicef.es.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 /  [email protected]