Unha xeración de nenos en risco en Sirya, ameazada por un conflito que xa entra no seu terceiro ano

Máis de 2 millóns de nenos afectados en toda a rexión

A violencia implacable, o desprazamento a grande escala da poboación e os danos ás infraestruturas e os servizos esenciais causados polo conflito sirio ameazan con marcar de por vida a toda unha xeración de nenos, segundo un informe de UNICEF publicado hoxe.

"A medida que millóns de nenos dentro de Sirya e en toda a rexión ven como o seu pasado e o seu futuro desaparecen no medio dos entullos e a destrución provocados por este prolongado conflito, o risco de que se convertan nunha xeración perdida aumenta cada día", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. O informe -que marca os dous anos da crise de Sirya- revela que, nas zonas onde a loita é máis intensa, o acceso a auga diminuíu dous terzos, o que provocou un aumento de casos de enfermidades da pel e das vías respiratorias, mentres que unha de cada cinco escolas foi destruída, danada ou está a ser utilizada para albergar familias desprazadas. En Alepo, por exemplo, só o 6% dos nenos van actualmente á escola. Nas clases que aínda funcionan amoréanse ata 100 nenos. Os hospitais e os centros de saúde foron destruídos e o seu persoal técnico tivo que fuxir. Mentres tanto, os nenos sofren traumas ao ver os seus familiares e amigos mortos, e padecen os efectos do terror debido aos sons e as escenas do conflito. "Instamos a todas as partes a permitir o acceso sen restricións aos nenos afectados pola violencia, onde queira que estean", dixoLake. "Só podemos responder ás necesidades crecentes desta crise se temos a axuda que necesitamos hoxe mesmo. " Dende o inicio da crise, a resposta de UNICEF e os seus aliados centrouse na subministración de auga potable e a mellora dos servizos de saneamento, saúde, educación e protección da infancia tanto das familias desprazadas no interior de Sirya como das poboacións de refuxiados desprazados por toda a rexión.

Como resultado, 4 millóns de persoas no interior do país teñen agora acceso a auga potable, mentres que os equipos móbiles de saúde axudaron a vacinar contra o sarampelo e a poliomielite 1,5 millóns de nenos. Uns 75.000 nenos afectados están matriculados nas escolas e clubs escolares, onde poden poñerse ao día na súa educación e retomar unha infancia normal. En Xordania, Líbano, Iraq e Turquía,UNICEF apoia máis de 300.000 nenos refuxiados con auga potable, saneamento axeitado, educación, atención especializada e protección contra a explotación e o abuso. Non obstante, estes esforzos están ameazados por unha grave escaseza de fondos. En decembro de 2012, UNICEF fixo un chamamento de 195 millóns de dólares (149,95 millóns de euros) para prestar asistencia vital ata xuño de 2013 aos nenos sirios e ás súas familias. Ata a data, os fondos do chamamento apenas alcanzan o 20% do total.
 

Para descargar o informe sobre as consecuencias do conflito en Sirya nos nenos:

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/syrias-children-lost-generation

Máis información sobre o traballo deUNICEF na Crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Para descargar fotos e videos en alta calidade:

https://unicefweb.unicef.es/com/siria

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

609 160 051 

[email protected]