Un fito histórico vergonzoso: un millón de nenos refuxiados debido á crise de Sirya

Cando a guerra en Sirya entra xa no seu terceiro ano, o número de nenos e nenas sirios obrigados a fuxir da súa patria como refuxiados alcanza o millón.

"Este millonésimo neno refuxiado non representa só unha cifra estatística máis", sinalou Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "Trátase dun neno ou unha nena real que foi arrancado do seu fogar, quizais ata separado da súa familia, e que sofre horrores que nós non podemos comprender plenamente". "Todos debemos compartir a vergoña", engadiu Lake, "porque aínda que traballamos para aliviar o sufrimento das persoas afectadas pola crise, a comunidade internacional non cumpriu coa súa responsabilidade cara a ese neno. Deberiamos preguntarnos honestamente se podemos continuar fallándolles aos nenos e nenas de Sirya". "O que está en xogo é nin máis nin menos que a supervivencia e o benestar de toda unha xeración de seres humanos inocentes", comentou António Guterres, Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. "Os nenos, nenas e mozos de Sirya están a perder os seus fogares, os seus familiares e o seu futuro. Aínda que crucen as fronteiras e se poñan a salvo, eses menores están traumatizados e deprimidos e necesitan urxentemente razóns para sentirse esperanzado". Segundo datos deses dous organismos das Nacións Unidas, os nenos e nenas constitúen a metade dos refuxiados do conflito de Sirya. Na súa maioría, lograron refuxio no Líbano, Xordania, Turquía,Iraq e Exipto. De xeito crecente, as persoas e familias que foxen de Sirya diríxense a África do Norte e Europa. Os datos máis recentes demostran que preto de 740.000 nenos e nenas refuxiados sirios son menores de 11 anos. En Sirya, segundo a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, o conflito xa deixou un saldo duns 7.000 nenos e nenas mortos. ACNUR eUNICEF calculan que máis de dous millóns de nenos e nenas sirios sufriron desprazamentos dentro do seu país.

Os trastornos físicos, o medo, o estrés e os traumas que sofren moitos nenos e nenas constitúen só unha parte da crise humanitaria en Sirya. Tanto ACNUR comoUNICEF destacan tamén que os nenos e nenas refuxiados son vulnerables ao traballo infantil, o matrimonio prematuro, a explotación sexual e a trata de persoas. Máis de 3.500 nenos e nenas que hoxe se encontran en Xordania, Líbano eIraq cruzaron as fronteiras dende Sirya sen acompañantes ou separados das súas familias. Ante unha crise de tal magnitude, ACNUR e UNICEFprestan apoio a millóns de nenos, nenas e familias mediante a maior operación de axuda humanitaria da historia. No marco desa campaña, por exemplo, máis de 1,3 millóns de nenos e nenas sirios aloxados en campamentos de refuxiados e comunidades anfitrionas en países veciños foron vacinados contra o sarampelo grazas ao apoio de UNICEF e os seus aliados. Uns 167.000 nenos e nenas refuxiados recibiron apoio psicosocial; máis de 118.000 seguiron recibindo educación escolar ou non estructurada; e máis de 222.000 persoas recibiron subministracións de auga.ACNUR tamén inscribiu nun rexistro civil máis dun millón de nenos e nenas refuxiados, que deste xeito contan coa súa identidade persoal. Ese organismo posibilita tamén que os fillos de pais e nais refuxiados obteñan partidas de nacemento que impiden que os recén nacidos sexan apátridas.ACNUR tamén garante que todos eses nenos, nenas e familias conten con algunha forma de vivenda segura. Non obstante, ACNUR e UNICEF afirman que queda moito por facer. O Plan rexional de resposta á situación dos refuxiados en Sirya, que solicita 3.000 millóns de dólares (2.245 millóns de euros) para dar resposta ata decembro deste ano ás graves necesidades dos refuxiados, só recibiu o 38% dos fondos requiridos.

Ante a crise siria, realizáronse chamamentos por máis de 5.000 millóns de dólares (3.742 millóns de euros) orientados a satisfacer as necesidades urxentes en materia de educación, atención da saúde e outros servizos para os nenos sirios, así como para os nenos e nenas das comunidades anfitrionas. É necesario investir máis recursos no establecemento de redes sólidas para individualizar os nenos e nenas refuxiados en situación vulnerable e prestarlles apoio, ao igual que ás súas comunidades anfitrionas. Non obstante, para dar resposta ás necesidades dos nenos e nenas afectados, requírese máis que un aumento dos fondos dispoñibles. Para iso, calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto** coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web: www.unicef.es/siriaÉ necesario que, ao mesmo tempo que se redobran os esforzos para lograr unha solución política á crise de Sirya, as partes involucradas no conflito poñan fin ao recrutamento de menores e aos ataques dirixidos á poboación civil. Débese garantir que os nenos, nenas e as súas familias poidan saír de Sirya sen perigo e débense manter abertas as fronteiras para que poidan cruzalas de xeito seguro. Finalmente, o ACNUR e UNICEF afirman que os que non cumpran con esas obrigas establecidas polo dereito humanitario internacional deben ser obrigados a render conta das súas accións.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]

 

Rosa Otero, Información Pública, Delegación en España de ACNUR, Tel: 91 556 36 49

[email protected]