Terremotos en Nepal: UNICEF acelera a súa resposta para previr o tráfico de nenos

Polo menos 245 nenos foron interceptados antes de ser obxecto de tráfico ou levaron innecesaria ou ilegalmente a casas de acollida dende que se produciu o primeiro terremoto en Nepal hai case dous meses, segundo UNICEF.

"UNICEF temía un aumento dos casos de tráfico de nenos despois dos dous terremotos", dixo Tomoo Hozumi, representante de UNICEF Nepal. "A perda de medios de subsistencia e o empeoramento das condicións de vida podería facilitar que os traficantes convencesen os pais para entregar os seus fillos ao que eles cren que será unha vida mellor. Os traficantes prometen educación, comidas e un futuro mellor. Pero a realidade é que moitos destes nenos poderían rematar sufrindo un abuso e explotación terribles".

O tráfico infantil xa era frecuente en Nepal antes do terremoto do 25 de abril; segundo un estudo da Organización Internacional do Traballo (2001) 12.000 nenos nepalís son levados cada ano á India. As nenas que non son forzadas a exercer a prostitución poderían tamén ser vendidas como escravas domésticas na India e outros países, e os nenos obrigados a realizar traballos forzosos. Despois de desastres como os terremotos, hai un risco de que o tráfico aumente.

As familias poderían ser tamén máis doadas de convencer para enviar os seus fillos a orfanatos en Katmandu e Pokhara, unha tendencia que comezou tras a guerra civil con promesas de seguridade e educación. Antes do terremoto, aproximadamente 15.000 nenos vivían en casas de acollida, e sufrían un risco potencial de ser vítimas de adopcións mal reguladas, explotación e abuso. Máis do 85% destes nenos tiña polo menos un dos seus proxenitores vivos.

UNICEF esti
vo a traballar estreitamente co goberno de Nepal e outros aliados para acelerar e fortalecer a resposta en prevención de tráfico infantil:

· UNICEF está a dar apoio á policía no establecemento e reforzo de 84 postos de control e comisarías en todo o país e nos distritos afectados polo terremoto.

· A ONG nacional Maiti Nepal recibe apoio por parte de UNICEF para ampliar ou establecer 12 puntos de control e interceptación nas fronteiras con India e China, e para crear 11 centros de tránsito para vítimas de tráfico. Outra organización local, Shakti Samuha, está a recibir apoio de UNICEF para vixiar e sensibilizar aos 14 distritos máis afectados.

· UNICEF está apoiando a todos os actores relevantes para confirmar que todos os presuntos casos de tráfico infantil se verifican e que todos os nenos son contabilizados, a través do reforzo da xestión da información e dos sistemas de coordinación.

· O goberno suspendeu as adopcións internacionais tras o terremoto do 25 de abril, e a principios de xuño tamén prohibiu que os nenos viaxasen entre distritos sen os seus pais ou titores legais. Esta medida pretende previr que nenos que poden ter os seus pais vivos rematen en procesos de adopción internacional innecesarios.

· Suspendeuse o rexistro de novos orfanatos. O traslado de nenos fóra dos seus distritos depende da autorización previa da Xunta de Benestar Infantil. Prohibiuse que os orfanatos reciban novos nenos sen o previo coñecemento e autorización por parte do goberno.

· O ministro de Interio
r indio emitiu unha advertencia para incrementar a vixilancia nos postos fronteirizos. Ademais alertouse á Sociedade Civil en India para que estea preparada para actuar para previr e responder o tráfico.

· UNICEF dirixiu unha campaña de información e sensibilización sobre protección infantil tras os terremotos. Ata agora distribuíronse 40.000 folletos nos 14 distritos afectados, en sitios como comisarías de policía, campos de desprazados internos, comunidades e organizacións locais.

· Sensibilizouse a 25 compañías aéreas que operan en Nepal sobre a necesidade de examinar os pasaxeiros para garantir que os nenos están acompañados polos seus coidadores legais.

· Raio Nepal está a lanzar mensaxes, que chegan ao 70% da poboación, advertindo os pais de que non deixen aos seus fillos sen vixilancia e que poñan atención a persoas sospeitosas que traten de falar cos seus fillos e/ou de convencelos a eles para darllos baixo promesas dunha vida mellor.

· UNICEF apoiou o establecemento de 141 espazos amigos da infancia para preto de 14.000 nenos, onde nenos e nenas poden recuperarse nun ámbito seguro do impacto emocional do terremoto, e onde os facilitadores poden identificar os nenos en risco de ser separados das súas familias e vítimas de tráfico.

· Os centros temporais de aprendizaxe de UNICEF e os kits escolares distribuídos como parte da campaña de volta ao cole non só minimizan a interrupción da educación, senón que pr
otexen os nenos da explotación e o abuso, e proporciónanlles información para manterse seguros e saudables.

UNICEF mostra tamén preocupación polo "volunturismo" a orfanatos, xa que moitas familias en todo o mundo expresaron o seu desexo de axudar aos nenos en Nepal a través das adopcións ou visitas a orfanatos.

"Nalgúns casos aos nenos sepáraselles deliberadamente das súas familias e lévaselles a orfanatos, onde poden ser utilizados para atraer familias adoptivas, voluntarios que pagan e doadores", dixo Hozumi. "Moitos voluntarios teñen boa intención, pero a miúdo non son conscientes de que, sen sabelo, poderían prexudicar aos nenos. Ademais moitas veces non se revisan os antecedentes dos voluntarios, o cal pode incrementar o risco de explotación infantil e abuso sexual,".

UNICEF estivo a traballar de preto cos sectores de turismo e voluntariado para concienciar sobre as consecuencias negativas deste "volunturismo" de orfanatos. Identificouse a 40 axencias nacionais e internacionais que recrutan voluntarios para os orfanatos en Nepal, e animóuselles a suspender os seus programas de voluntariado en orfanatos. Oito delas xa o fixeron.

"Reconstruír as comunidades rurais afectadas e manter as familias xuntas é o mellor xeito de axudar aos nenos de Nepal a recuperarse do terremoto", concluíu Hozumi.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, + 977 9851054140, [email protected]

Jean-Jacques Simon, UNICEF South Asia, +977-98010-30076, [email protected]

Rose Foley, UNICEF New York, +1917 340 2582, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF Geneva, +41 799639244, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]