Terremoto en Nepal: un mes despois, a desnutrición é unha ameaza crecente para os nenos

Un mes despois dos dous grandes terremotos en Nepal, UNICEF estima que 70.000 nenos menores de cinco anos necesitan urxentemente apoio nutricional para previr a deterioración do estado nutricional dos nenos.

Ao redor de 15.000 nenos en 14 dos distritos máis afectados necesitarán alimento terapéutico -como pasta de cacahuetes rica en nutrientes lista para o seu consumo- para o tratamento da desnutrición severa aguda. Ademais uns 55.000 nenos con desnutrición severa moderada requirirán alimentación suplementaria e coidados para volver ter un desenvolvemento e crecemento saudables.

"Antes do terremoto, un neno de cada dez en Nepal xa sufría desnutrición aguda, mentres que case catro de cada dez sufrían atraso no seu crecemento debido á desnutrición crónica", di Tomoo Hozumi, representante de UNICEF en Nepal. "Agora preocúpanos seriamente que a situación se deteriore debido ao desastre, e que se perdan os avances en nutrición que este país logrou nos últimos anos".

Estamos a traballar máis rápido cos nosos aliados para proporcionar alimentación e coidado urxente para protexer as vidas destes nenos e reforzar a súa resistencia ante enfermidades, especialmente aquelas que se transmiten pola auga, durante a próxima tempada de chuvias monzónicas. "

UNICEF está a traballar con aliados nacionais e inte
rnacionais e co goberno de Nepal para dar unha resposta nutricional ampla, que inclúa:

  • Protección e promoción da lactación materna para nenos menores de dous anos -unha intervención vital-.
  • Proporcionar suplementos de micronutrientes esenciais para máis de 120.000 nenos e asesorar as nais e familias sobre como alimentar os nenos coa comida familiar.
  • Apoiar a avaliación das comunidades para identificar os nenos con desnutrición severa aguda nos distritos afectados.
  • Distribuír alimentos terapéuticos especializados listos para o seu consumo para tratar máis de 3.000 nenos con desnutrición severa aguda.
  • Traballar a través de Radio Nepal e 111 emisoras locais e privadas para proporcionar información vital sobre nutrición materna e infantil a 380.000 familias.
  • Lanzar unha campaña semanal cara a mediados de xuño, antes das chuvias do monzón, para proporcionar un paquete de seis intervencións nutricionais -que inclúen suplementos de vitamina e profilaxe para desparasitar-para máis de 350.000 nenos.

En case dúas decenas de distritos afectados polo terremoto 1,7 millóns de nenos continúan necesitando axuda humanitaria de xeito urxente - co risco de que aumenten os problemas físicos e emocionais a longo prazo.

"Xa estamos a ver un aumento das enfermidades crónicas -como nenos con infeccións respiratorias causadas polo po dos entullos nas cidades e pobos", di Tomoo Hozumi.

"Os nenos tamén vivirán con minusvalideces a longo prazo como resultado das feridas sufridas no terremoto, así como con problemas de ansiedade".

Durante este mes, UNICEF 
activou unha importante resposta de axuda para os nenos con necesidades urxentes, como:

  •     Proporcionou auga potable para 305.109 persoas e un saneamento axeitado e instalacións para o lavado de mans a 45.201        persoas.
  • 10.000 nenos nas comunidades desprazadas teñen acceso aos espazos amigos da infancia.
  •  Preto de 9.000 nenos e máis de 2.000 pais recibiron axuda psicosocial de emerxencia.
  •  Máis de 3.000 nenos de entre 6 e 59 meses foron vacinados contra o sarampelo e a rubeola nunha campaña que continúa nos distritos máis afectados.

"Fíxose moito, pero aínda hai necesidades urxentes", di Hozumi. "O camiño á recuperación de Nepal pode ser longo e desafiante, pero UNICEF estará alí, sen importar o tempo que leve a recuperación dos nenos de Nepal cara a un futuro mellor e máis brillante,".

"Necesitamos todo o apoio posible, xa que o apoio que estamos a dar agora terá consecuencias a longo prazo para as xeracións vindeiras,".

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]