Terremoto en Nepal: educación para case 1 millón de nenos en risco

Polo menos 950.000 nenos en Nepal non poderán volver ao colexio se non se toman medidas urxentes para proporcionar espazos de aprendizaxe temporais e para reparar os colexios danados polo terremoto, segundo UNICEF. Case 24.000 aulas víronse danadas ou destruídas polo terremoto de magnitude 7,8 que golpeou o país hai 12 días, e moitas sufriron máis danos nas réplicas posteriores.

Espérase que a magnitude da crise de educación aumente nos próximos días e semanas, segundo vaia chegando a información das áreas remotas. As escolas deberían reabrir o 15 de maio.

"Case un millón de nenos que estaban matriculados no colexio antes do terremoto, poderían encontrarse agora con que non teñen unha escola á que volver", di Tomoo Hozumi, representante deUNICEF en Nepal.

"Os nenos afectados polo terremoto necesitan urxentemente asistencia fundamental como auga potable e refuxio, pero nas emerxencias as escolas -mesmo en instalacións temporais- tamén xogan un papel vital. Minimizan a interrupción da educación dos nenos, protéxeos da explotación e o abuso, e proporciónalles información para manterse seguros e sans. Ir ao colexio tamén permite aos nenos recuperar unha sensación de rutina que lles axuda a aceptar o que sufriron".

Estímase que nos distritos de GorkhaSindhupalchok e Nuwakot, gravemente afectados, máis do 90% das escolas foron destruídas, mentres que o 80% dos edificios escolares de Dhading se derrubaron. Nalgunhas áreas como Katmandu e Bhaktapur, aproximadamente nove de cada dez colexios que sobreviviron ao terremoto se han utilizados como refuxios de emerxencia.

UNICEF preocúpalle que os grandes av
ances dos últimos 25 anos en Nepal, como o aumento da taxa de matriculación na escola primaria dun 64% en 1990 ao 95% actual, poidan sufrir un serio revés como consecuencia do terremoto.

As altas taxas de abandono xa eran unha gran preocupación. Ao redor de 1,2 millóns de nenos de entre 5 e 16 anos nunca foron á escola ou abandonárona. A experiencia de UNICEF mostra que cando os nenos deixan de ir ao colexio durante longos períodos, incluídas as emerxencias, é menos probable que volvan algunha vez ás aulas.

"Hai unha necesidade desesperada de instalar espazos de aprendizaxe alternativos, avaliar e reparar edificios e organizar unha campaña para animar as familias a enviar aos seus fillos de volta ao cole e aos xardíns de infancia", di Hozumi.

"Unha interrupción prolongada da educación pode ser desvastadora para o desenvolvemento dos nenos e as súas perspectivas de futuro".

UNICEF e os seus aliados están a facer todo o posible para que os nenos volvan a clase canto antes. Isto inclúe o establecemento de espazos amigos da infancia e de espazos temporais de aprendizaxe en 14 distritos afectados polo terremoto. Ademais empezouse a traballar para establecer un sistema de avaliación das estruturas e seguridade dos colexios que seguen en pé, mentres UNICEF está a apoiar o goberno na preparación dunhas directrices acerca do uso de escolas como refuxio durante as emerxencias.

UNICEF lanzou un chamamento por valor de 50 millóns de dólares
(45,6 millóns de euros) para apoiar a súa resposta humanitaria ao terremoto en Nepal durante os próximos tres meses, como parte dun chamamento máis amplo de varias axencias.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, + 977 9851054140  [email protected]

Jean-Jacques Simon, UNICEF Asia Meridional, +977-98010-30076, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +1917 340 2582, [email protected]

Kent Page, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +011 977 98020 38951 [email protected]

Chris Tidey, UNICEF, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]