TEAM UNICEF WORLD RUN 2016

Participa con UNICEF e Sergio Ramos na maior carreira conectada do mundo pola infancia

"Corre comigo e con UNICEF. Participa na maior carreira conectada do planeta en favor da infancia". Con estas palabras Sergio Ramos, Embaixador de UNICEF España, lanza o seu reto para animar a todos  os afeccionados ao running -amateurs ou profesionais- do mundo a participar, o vindeiro domingo 9 de outubro, na II carreira Team UNICEF World Run.

"Como embaixador, estou moi feliz de poder sumarme ao traballo de UNICEF e apoiar a protección dos dereitos dos nenos máis vulnerables do planeta" asegura Ramos. A través desta carreira, todos os corredores que se inscriban participarán simultaneamente desde Madrid, París, Hong Kong, Londres, Xerusalén e calquera parte do mundo cun mesmo obxectivo: apoiar a UNICEF para mellorar a situación dos nenos cuxas vidas enfrontan retos diarios en diferentes partes do mundo.
 
Mediante a inscrición na carreira, UNICEF logrará melloras na vida de miles de nenos en todo o mundo e fortalecerá os seus dereitos á asistencia, protección e educación.

·         Con 15 € podemos facilitar 50 cadernos a nenos en idade escolar

·         Con 30 € proporcionamos 200 vacinas para protexer aos nenos contra a polio

·         Con 50 € podemos distribuír 10.000 pastillas para tratar e potabilizar 50.000 litros de auga

A carreira Team UNICEF World Run permite que os participantes poidan elixir correr sós ou formar os seus propios equipos, e nesta edición tamén teñen a oportunidade desumarse ao equipo de Sergio Ramos. "O deporte é unha vía de aprendizaxe e saúde, e un bo motivo para xuntarnos entre amigos. Como deportista considero esta carreira unha oportunidade perfecta de concienciarnos, e unirnos en todo o mundo pola infancia" asegura o futbolista.
 

Os participantes poderán compartir a súa experiencia con corredores de todo o mundo

Todos os corredores poden rexistrarse desde hoxe na web da Team UNICEF World Run e conectarse coas súas aplicacións móbiles de running. Ademais terán a posibilidade de dar o seu apoio a UNICEF compartindo as súas fotos e o seu percorrido cos seus amigos, a súa familia ou os seus compañeiros no seu espazo persoalna web.
 
Ademais a participación na carreira permite:

·         Descargar un dorsal persoalizado.

·         Subir unha foto persoalizada cos colores da carreira.

·         Compartir en Facebook, Twitter o Instagram as fotos dos seus entrenamentos, do día da carreira co hashtag #TeamUNICEFWR

·         Involucrar a amigos e familiares para participar na carreira ou para apoiar o seu equipo facendo un donativo a UNICEF.

Sergio Ramos e UNICEF

Ao longo dos últimos 9 anos, Sergio Ramos estivo comprometido con UNICEF España participando en campañas e iniciativas para promover o cumprimento dos dereitos dos nenos. Deu a súa voz para destacar a importancia do deporte no desenvolvemento da infancia e difundir os chamamentos de UNICEF en situacións de emerxencia, como na actual crise de nenos refuxiados e migrantes. En 2014 UNICEF España recoñeceu a súa implicación nomeándolle Embaixador.

Descarga de material audiovisual:fotos e vídeos

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque