Sudán do Sur ao bordo dunha catástrofe nutricional se non se pon fin ás hostilidades

UNICEF instou aos grupos en conflito en Sudán do Sur a que cumpran inmediatamente co alto ao lume alcanzado o luns ou o país enfrontarase a unha escaseza de alimentos catastrófica nas zonas en conflito.

Segundo o último informe do grupo de expertos da fase de clasificación de seguridade alimentaria integrada (IPC polas súas siglas en inglés), presentado esta semana, o continuo conflito está a reducir as existencias de alimentos de forma pronunciada e retarda o acceso humanitario a aqueles que máis o necesitan.

O persoal de UNICEF e os seus aliados están a comprobar como un gran número de persoas se desprazan no medio do conflito debido á escaseza de alimentos.
Os últimos informes de nutrición de UNICEF apoian as conclusións do IPC e din que só un rápido aumento da asistencia humanitaria preveu unha maior deterioración da situación de nutrición, especialmente nos estados máis afectados.

"UNICEF necesita acceder a zonas remotas que non son accesibles debido ao conflito", dixo o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. "Aquí é onde se está a xerar a crise. Ambas as dúas partes, que chegaron a un alto ao lume, teñen que chegar a un acordo a longo prazo ou enfrontarse a unha crecente crise alimentaria ao final da escasa estación seca".

"Seguimos estando ao límite e calquera incremento da violencia provocará cortes nas estradas, afectará aos mercados e impedirá o acceso humanitario. Isto sería unha catástrofe para os nenos que sofren desnutrición aguda e podería desembocar en altos niveis de mortalidade".

Estímase que polo menos 229.000 nenos sofren desnutrición severa grave en Sudán do Sur - un número que se duplicou dende o comezo do conflito fai pouco máis dun ano.

Xunto ao Programa Mundial de Alimentos (PMA), UNICEF continúa reforzando a asistencia aos nenos con desnutrición
en todo Sudán do Sur. UNICEF e os seus aliados proporcionaron tratamento de alimentación terapéutica para case 100.000 nenos con desnutrición grave en 2014. En 2015, pretenden chegar a 137.000 nenos menores de cinco anos que sofren desnutrición aguda grave.
 
UNICEF e o PMA tamén están a enviar equipos de expertos a zonas remotas ás que non chega a axuda humanitaria, nas chamadas Misións de Resposta Rápida. Durante estas misións, UNICEF analiza os niveis de desnutrición dos nenos e deriva e trata aqueles que sofren desnutrición moderada e grave.

Os traballadores tamén rexistran os nenos non acompañados co fin de reunilos coas súas familias, proporciónanlles servizos básicos de saúde e educación, e distribúen subministracións para potabilizar auga. Ata a data, estas misións chegaron a máis de 600.000 persoas, incluíndo 142.000 nenos menores de cinco anos.

UNICEF fa
i un chamamento urxente para conseguir fondos adicionais por valor de 29 millóns de euros para ampliar a súa resposta nutricional en Sudán do Sur.
 
Para contribuir ao traballo de UNICEF en Sudán do Sur:
http://www.unicef.es/sudan-del-sur
Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)
 
Para descargar fotos e vídeo:
https://weshare.unicef.org/mediaresources
 
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Mercy Kolok, Communication Officer, UNICEF South Sudan; Mobile: + 211 (0) 955 639 658 Email: [email protected]
James Elder, UNICEF Regional Chief of Communication, Eastern & Southern Africa; Mobile: +254 71558 1222; Email: [email protected] twitter @1james_elder Najwa Mekki, UNICEF New York, +1-212-326-7448 (office), +1-917-209-1804 (mobile), [email protected] John Budd, Communication Officer, UNICEF South Sudan: mobile +211912398404; Email: [email protected]
Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55; [email protected]