Sobreviventes da violencia no noroeste de Iraq contan horribles relatos sobre violación dos dereitos dos nenos

Unha nena yazidi que logrou escapar contou que foi acurralada xunto a outras nenas e mulleres para obrigalas a casar con fins sexuais

Os testemuños de civís que lograron escapar da recente ofensiva  de grupos armados en Sinjar (noroeste de Iraq) revelan casos atroces de asasinatos, secuestros e violencia sexual contra mulleres e nenos.

"O alcance e o tipo de violacións contra nenos, mulleres e comunidades de minorías en Iraq nas últimas semanas é das peores deste século e é completamente inaceptable, en ningún sentido nin por ningún código de conduta que poida rexer o conflito," dixo Marzio Babille, representante de UNICEF Iraq.  Os equipos de especialistas en protección infantil enviados por UNICEF documentaron até o momento 123 casos diferentes de violación de dereitos por parte de grupos armados cando atacaron aos yazidi e a outros grupos de minorías que viven en áreas da provincia de Ninewa próximas á fronteira con Siria. 80 destes casos foron verificados como graves violacións dos dereitos dos nenos en situacións de conflito armado segundo as investigacións que UNICEF realiza no seu traballo do coñecido como Mecanismo de Control e Seguimento (MRM nas súas siglas en inglés) -ver máis abaixo**  "Case cada persoa coa que falamos contou horribles violacións que experimentaron ou das que foron testemuñas eles mesmos ou membros das súas familias ou comunidades," explicou Ibrahim Sesay, especialista de UNICEF en protección infantil.  Unha nena yazidi de 16 anos contou como foi acurralada xunto con outras nenas e mulleres elixidas para ser casadas en matrimonios forzados e temporais con fins sexuais. A nena dixo que llas arranxou para escapar pero que ás demais leváronllas.  "A agonía que agora están a sufrir estas mulleres e nenas como resultado dunha experiencia tan dolorosa requira un urxente aumento de atención especializada en saúde mental, e soporte médico, como parte dunha resposta máis ampla ante esta traxedia que se despregou," sinalou Sesay.  UNICEF proporcionou atención e apoio psicosocial até o momento a máis de 3.000 nenos refuxiados e angustiados que agora se refuxian na rexión kurda de Dohuk.

** Nota para os editores: En 2005 o Consello de Seguridade, na súa Resolución 1612, solicitou ao Secretario Xeral de Nacións Unidas o establecemento dun mecanismo de control e seguimento (MRM), xestionado por grupos de traballo baseados nos países e codirigidos por UNICEF e o máis alto representante de Nacións Unidas en cada país, para proporcionar información fiable e oportuna sobre seis violacións graves dos dereitos dos nenos:

1. Asasinato ou mutilación de nenos. 2. Recrutamento ou uso de nenos por parte de forzas ou grupos armados. 3. Ataques a escolas ou hospitais. 4. Violacións ou outras agresións sexuais contra nenos. 5. Secuestro de nenos. 6. Negación de acceso humanitario aos nenos.

O Consello de Seguridade solicita ao Secretario Xeral de Nacións Unidas que nos seus informes anuais sobre os nenos e os conflitos armados, inclúa unha listaxe cos nomes de forzas ou grupos armados que recrutan ou utilizan a nenos, matan ou mutilan nenos, e violan ou cometen outros tipos de violencia sexual contra nenos; instando as partes implicadas no conflito armado a desenvolver e implementar plans de acción con prazos no tempo para deter estas graves violacións contra os nenos. - Resolucións 1612 (2005) e 1882 (2009)

Máis información sobre a crise de Iraq:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/irak-la-crisis-provoca-un-gran-desplazamiento-de-ninos

 As persoas que queiran contribuír ao traballo de UNICEF nesta emerxencia poden facelo aquí:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/irak

Más información:

Jeffrey Bates, Xefe de Comunicación UNICEF Iraq

[email protected]  Tel: +964 (0) 7801964524

 

Simon Ingram, Consultor de Medios da oficina rexional de UNICEF para Medio Oriente

[email protected], Tel +962-795904740

 

Melanie Sharpe, sede mundial de UNICEF en New York

[email protected] +1 917-485-3344

 

Raquel Fernández, UNICEF España, Tel: 609 160 051 

 [email protected]