Sirya: UNICEF distribúe subministracións de emerxencia a mulleres e nenos en Aleppo e Homs

UNICEF continúa traballando dentro e fóra de Sirya para apoiar os nenos afectados polo conflito

UNICEF e os seus aliados acaban de finalizar a distribución de subministracións humanitarias vitais na cidade de Aleppo, que aínda se encontra asediada, e tamén en Talbiseh, preto de Homs, onde se fixeron chegar materiais de emerxencia moi necesarios para os nenos e as mulleres desa zona, unha das máis afectadas polos ataques.

UNICEF, xunto á Media Lúa Vermella Árabe Sirya (SARC) e outras axencias da ONU, distribuíu enAleppo 89 kits médicos, 2.000 kits de hixiene familiar e 2 maletíns de reanimación, xunto a 1.000 toallas, 48 caixas de xabón, roupa de verán e materiais escolares, que foron transportados, en catro camións. "A situación é extremadamente difícil debido ao conflito", dixoEttie Higgins, Representante Adxunto de UNICEF en Sirya, despois de regresar onte a Damasco dende Aleppo. "Non obstante, UNICEF continúa traballando todo o día xunto aos seus aliados para garantir que todos os nenos que viven nestas horribles e difíciles circunstancias reciban esta axuda vital. " Por outra parte, tamén chegou a Talbiseh outro continxente composto por nove camións con subministracións médicas de emerxencia, alimentos, 1.000 kits de hixiene familiar e 500 kits de bebé, 160 kits de "escolas nunha maleta" e 900 botes de xampú para máis de 55.000 persoas. "Nunca esquecerei a felicidade dos nenos ao ver chegar aos camións coas subministracións, e sobre todo cando viron por primeira vez os materiais educativos que eran para eles", dixo Abdul Kadir Musse, Xefe da Oficina de UNICEF en Homs, quen resaltou ademais que as nais estaban especialmente contentas ao ver a chegada de medicinas para os seus fillos.

As condicións de vida dentro de Sirya, especialmente nas zonas máis afectadas, volvéronse cada vez máis precarias. Os nenos seguen sendo os máis afectados da crise, pola violencia e o aumento do nivel de destrución. Moitos hospitais, escolas e casas foron destruídas, máis de catro millóns de persoas -a metade nenos- foron desprazadas internamente, e moitos viven amoreados e sen hixiene. A pesar das dificultades que hai na zona e a falta de fondos,UNICEF e os seus aliados continúan prestando asistencia aos nenos que hai dentro de Sirya e tamén aos máis de 600.000 que fuxiron a países veciños. Os doadores mostraron un grande apoio ao labor de UNICEF, pero as necesidades dos nenos sirios e as súas familias están a crecer de xeito exponencial, polo que se necesitan con urxencia máis fondos.

 Para colaborar co traballo deUNICEF entra en: www.unicef.es/siria

Para descargar fotos y videos:

https://unicefweb.unicef.es/com/siria

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

 Máis información sobre o traballo de UNICEF na crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí

Xefe de prensa UNICEF España

Tel: 609 160 051

[email protected]