Silvia Abascal: Estamos anestesiados ante as estatísticas, pero é necesario espertar e mobilizarse

A Embaixadora de UNICEF España viaxou a Camerún para realizar unha reportaxe sobre mortalidade infantil que se emitirá na Gala pola Infancia de TVE o próximo luns, 22 de decembro. En Camerún o 40% das mortes de nenos acontecen nos primeiros 28 días de vida.

A actriz e embaixadora de UNICEF Comité Español, Silvia Abascal, visitou en Camerún proxectos de supervivencia infantil nos que se avanza para atallar a mortalidade dos nenos. A diminución da mortalidade infantil nos menores de cinco anos en Camerún, supón un desafío importante, xa que un 40% das mortes se producen en recén nacidos. Os 7 primeiros días de vida son un período crítico.

"Son consciente de que estamos anestesiados ante as cifras, as estatísticas, pero é necesario espertar e mobilizarse ante elas", dixo Silvia Abascal ao seu regreso de Camerún.

Entre 1990 e 2013, a taxa de mortalidade infantil reduciuse no mundo en case a metade, pero en Camerún a redución foi moito menor (de 135 a 95 por 1000 nacidos vivos). A maioría das mortes dos nenos menores de 5 anos suceden na comunidade, nos fogares, e o 40% acontecen nos primeiros 28 días de vida. A falta de acceso á atención sanitaria e os elevados custos desta, provocan tamén que o 70% das mulleres dea a luz nos seus fogares, sen os recursos necesarios.

"Virar as costas ás necesidades básicas dun adulto é un acto egoísta, darlla a un neno é a maior das miserias", sinalou a embaixadora de UNICEF Comité Español.

Durante a súa viaxe a Camerún, Silvia Abascal visitou refuxiados de República Centroafricana no asentamento de Mbile. En total, 180.000 persoas deste país establecéronse en Camerún -a maior parte deles, na zona Leste, onde se localizan seis asentamentos. Máis do 50% dos refuxiados son menores de 17 anos e chegan con serios problemas de desnutrición.

Silvia Abascal tamén visitou o hospital rexional de Bertoua e o hospital de distrito de Batouri, onde coñeceu nenos e bebés prematuros con graves casos de malnutrición, pneumonía, diarrea ou malaria. Todas elas, enfermidades previbles que seguen sendo as principais causas de mortalidade infantil e cuxa prevención pasa por ter acceso a medias como unha vacina, unha mosquiteira ou auga potable.


"África é un continente no que a maioría da súa poboación vive por debaixo do albor da pobreza. Non teñen nin o máis básico. Pero en cuestións non materiais, en fortaleza, superación, enerxía...sen dubida nós andamos máis pobres", dixo a embaixadora de UNICEF Comité Español. "Son xa varios e importantes as viaxes a terreo que realicei. A maioría deles con UNICEF. Paréceme a mellor das formas para coñecer e comprender unha realidade. Para comprobar a proxección dunha axuda e defendela con maior conciencia á volta", engadiu.

Silvia Abascal realizou esta viaxe no marco da Gala pola Infancia, que o próximo luns 22 de decembro, emitirá TVE ás 22.30 horas co obxectivo de lograr, polo menos, un millón de euros para programas de infancia das cinco organizacións que participan na gala: Axuda en Acción, Plan Internacional, Save The Children, Aldeas Infantís SOS e UNICEF Comité Español.

Máis información sobre lia gala: www.galaporlainfancia.org

Para descargar fotografías:

ftp://video.unicef.es/Viaje_Silvia_Abascal

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Videos dispoñibles a partir do 23 de decembro na mesma FTP

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]