Shakira, Gerard Piqué e UNICEF agradecen os seus seguidores por participar no Baby Shower Global e axudar a nenos desfavorecidos

A embaixadora de boa vontade de UNICEF, Shakira, e Gerard Piqué queren agradecer aos centenares de miles de seguidores que participaron no Baby Shower Global interactivo comprando regalos que salvan vidas e que serán distribuídos por UNICEF entre nenos e nenas desfavorecidos arredor do mundo.

"Estamos moi emocionados pola xenerosidade de todos os que visitaron noso Baby Shower Global" dixo Shakira quen en Xaneiro deu a luz o seu primeiro fillo, Milan. "Grazas a vostedes máis de 80.000 nenos e nenas estarán protexidos contra a polio, preto de 200.000 bebés recibirán sales rehidratantes e 3,8 toneladas de comida terapéutica están a ser repartidas, entre moitas outras ferramentas que axudan a salvar vidas. " A polio é unha enfermidade moi contaxiosa e que pode chegar a ser mortal. A polio moitas veces deixa os nenos con graves secuelas; os sales rehidratantes son unha solución moi efectiva para tratar diarrea que é a segunda causa de mortalidade infantil de nenos e nenas menores de cinco anos. Cando Shakira e Gerard tiveron o seu primeiro fillo no mes pasado decidiron compartir este momento usando unha ferramenta dixital moi innovadora organizando un babyshower dixital con UNICEF. O Baby Shower, que se desenvolveu entre o 16 de Xaneiro e o 15 de Febreiro, mantivo os seus seguidores involucrados nunha campaña que empezaba na sala de estar virtual de Shakira e Gerard. Alí, os convidados poderían coñecer sobre os retos da nenez arredor do mundo e poderían comprar "regalos inspiracionales" (Regalo Azul), axudando á nenez máis vulnerable, a empezar unha vida saudable. "Este Baby Shower virtual foi realmente moi innovador e foi o resultado do mundo dixital no que os seguidores non soamente seguen senón que se converten nunha parte esencial dos esforzos filantrópicos da parella" dixoSarah Crowe, a voceira do Director Executivo de UNICEF. Estamos moi agradecidos pola xenerosidade de Shakira, Gerard e os seus seguidores. "

A multitude de fans que visitaron a páxina web tamén compraron máis de 1.000 mosquiteiras que protexen nenos de malaria. En África, un neno morre cada 60 segundos por contraer esta enfermidade. As mosquiteiras crean unha barreira que protexe os recén nacidos durante a noite das picaduras dos mosquitos, reducindo a transmisión da enfermidade. A estas xenerosas doazóns súmanse a compra de 150 balanzas portables que axudan a detectar malnutrición e enfermidades nos recén nacidos. Como se demostrou, unha das mellores maneiras de detectar signos de malnutrición e enfermidade é monitorear o seu peso. Cando máis pronto se diagnostican estes síntomas, máis oportunidades ten un neno de sobrevivir.UNICEF empezará a repartir todas estas doazóns, que van salvar vidas e cambiar as vidas de moitos nenos e nenas nas partes máis necesitadas e pobres do mundo.

Más información:

Dailo Alli,

Xefe de Prensa de UNICEF España,

Tel: +34 609 160 051,

[email protected]

 

Marissa Buckanoff,

Xefa da Área de Celebrities e Alianzas,

Tel: +1 212 326 7513  

[email protected]