Serge Ibaka: "É un deber moral apoiar a poboación do Corno de África nestes momentos"

O xogador da Selección Española de Baloncesto súmase ás iniciativas que contribúen ao traballo de UNICEF na emerxencia nutricional

Serge Ibaka, xogador da Selección Española de Baloncesto, pon en marcha unha iniciativa ligada aos partidos do Eurobasket, que comeza hoxe en Lituania, para apoiar o traballo de UNICEF no Corno de África. "Son africano e coñezo as dificultades polas que pasan tantos millóns de persoas no continente africano. Este problema éme moi próximo e para min é un deber moral apoiar e axudar a poboación do Corno de África nestes momentos. Espero que a xente se decate de que estas persoas necesitan a nosa axuda urxentemente e que colaboren con UNICEF".

Ibaka, que finalizou a tempada 2010-2011 como o xogador que máis tapóns puxo, e despois de poñer 21 tapóns en 8 partidos amigables este verán, decidiu facer unha doazón de 100 euros por cada tapón que poña durante o Eurobasket e abre a proposta a todas aquelas persoas que tamén queiran contribuír. Así, hoxe arrancaponle un tapón á fame, acción coa queSerge Ibaka brinda o seu apoio á poboación afectada pola emerxencia nutricional en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti. Para sumarse á iniciativa pódese enviar unsms coa palabra FAME ao 28028 ou entrar en www.unicef.esSerge Ibaka tivo a oportunidade de colaborar con UNICEF sobre o terreo. Durante unha recente visita á República do Congo, o seu país natal, o xogador involucrouse nos programas dedicados aos nenos que viven nas rúas da rexión de Brazzaville. Grazas a centros que contan co apoio de UNICEF e que están distribuídos por todo o país, cóbrense as necesidades básicas destes nenos e facilítase a súa reintegración no sistema educativo e na sociedade. Durante a visita, o xogador recoñeceu que el mesmo se enfrontou a retos similares aos que encaran eses nenos.

Emerxencia no Corno de África

A emerxencia nutricional afecta sobre todo aos nenos: 600.000 teñen un grao de desnutrición que pon en risco inminente as súas vidas. UNICEF traballa en todas as áreas de acción humanitaria que salvan vidas nos campos de desprazados, nas súas comunidades limítrofes e no Sur de Somalia. Os campos de desprazados están saturados e dentro de Somalia aínda existen zonas de moi difícil acceso nas que miles de persoas se enfrontan á máis grave crise humanitaria do mundo actual, que tamén é a peor crise de seguridade alimentaria en África dende a fame de Somalia de 1991-1992. Esta situación ten a súa orixe nunha suma de circunstancias:

· A peor seca da rexión nos últimos 50 anos. · O incremento dos prezos dos alimentos. · Os efectos do conflito armado en Somalia. · Un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya e Etiopía.

A falta de auga e alimentos son as necesidades máis urxentes, ás que se engade a vulnerabilidade dos nenos con desnutrición a enfermidades mortais como o sarampelo, a malaria, a diarrea ou a pneumonía.UNICEF desenvolve accións masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue curar a desnutrición. Á parte de distribución de subministracións, UNICEF brinda apoio a centros de estabilización nutricional, tanto en Somalia coma nos seus países veciños.UNICEF, que sempre traballa en colaboración con outras axencias de Nacións Unidas e ONG internacionais e locais, tamén emprendeu unha campaña de vacinación e traballa na mellora de instalacións para garantir auga limpa e un saneamento axeitado a 300.000 nenos somalís e as súas familias.

COMO COLABORAR CON 'PONLLE UN TAPÓN Á FAME'  

Calquera persoa pode sumarse á proposta de Serge Ibaka enviando un SMS ao 28028 coa palabra FAME. Cada SMS supón unha axuda de 1,20 euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo do tratamento dun día para un neno con desnutrición. Tamén se pode colaborar a través de www.unicef.es, onde existen distintas formas de colaboración.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]