Save the Children e UNICEF piden avances na gratuidade dos libros de texto

Dende 2006 ata 2014, o gasto medio por fogar en ensino incrementouse nun 33,3%. A pesar do aumento na partida para material didáctico dos Presupostos Xerais do Estado 2016, este incremento é insuficiente.

Save the Children e UNICEF fan un chamamento conxunto ás administracións públicas para que garantan e aumenten as axudas para libros de texto e material escolar, fomentando así o dereito a unha educación de calidade para todos os nenos. As organizacións súmanse deste xeito á petición do Valedor do pobo de promover a gratuidade e a reutilización dos libros de texto para aliviar a carga económica que a adquisición destes materiais supón para as familias.

A volta ao colexio en setembro leva consigo un grande esforzo económico para moitos fogares. Dende 2006 ata 2014, o gasto medio por fogar en ensino incrementouse significativamente nun 33,3%. Moitas familias non teñen capacidade para afrontar estes gastos, o que pode colocar os seus fillos nunha situación de vulnerabilidade e desvantaxe social. Para Maite Pacheco, directora de Sensibilización e Políticas de Infancia de UNICEF, "reforzar o enfoque inclusivo do sistema educativo garantindo o apoio escolar e eliminando as barreiras que obstaculizan a igualdade de condicións no acceso, é fundamental para facer fronte á pobreza infantil".

Por iso son de vital importancia políticas educativas que proporcionen a todos os nenos os recursos e condicións necesarias para alcanzar a igualdade de oportunidades no acceso aos coñecementos e competencias que proporciona a educación, así como a conseguir o máximo desenvolvemento do seu potencial.

UNICEF e Save the Children advirten de que tanto as achegas do Estado para as axudas a libros de texto coma as procedentes das comunidades autónomas se reduciron nun 45,2% dende 2008. "Os Presupostos Xerais do Estado para 2016 consideran unha partida de 24 millóns de euros para axudas a gastos de material didáctico. Trátase dun dato positivo, pero claramente insuficiente, tendo en conta que dende 2008 as axudas se reduciron en 137 millóns de euros," afirma Ana Sastre, directora de Sensibilización e Políticas de Infancia.

Por iso, Save the Children e UNICEF piden todas as administracións e institucións que poñan en marcha as medidas necesarias para conseguir a gratuidade e promover sistemas universais de préstamo e reu
tilización dos libros de texto.

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

Susana Hidalgo

Save the Children, Tel: 91 513 05 00 / 618 913 946

E-mail: [email protected]