Santillana e UNICEF España lanzan a plataforma 'Eu conto' para dar voz aos nenos

A iniciativa arranca co concurso Como imaxinas un mundo mellor e máis solidario que premiará os mellores traballos coa edición dun libro

Eu conto é un blog que nace da colaboración entre Santillana e UNICEF Comité Español para ofrecer un espazo público de participación a nenos e mozos, e coñecer o que pensan sobre o mundo no que viven. Unha plataforma que estimula a súa creatividade e onde poderán suxerir ideas e alternativas que melloren a convivencia e a vida na sociedade actual. O proxecto, que pretende converterse nun altofalante de propostas positivas, arranca coa convocatoria do concurso de relatos e debuxos Cómo imaxinas un mundo mellor e máis solidario dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que estean dispostos, coas súas achegas, a construír unha sociedade e un fututo máis esperanzador.

 

Os traballos poderanse presentar ata o 10 de decembro de xeito individual dende casa ou dende o colexio, a través da coordinación dos profesores. UNICEFComité Español, dende o seu programa educativo Enrédate, desenvolveu o material 'Como viven os nenos a crise' que axudará aos docentes a traballar cos nenos de Educación Primaria conceptos como crise, economía, solidariedade... Con este concurso perséguese sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coñecer os sentimentos e a opinión dos nenos sobre a realidade e ámbito nos que se moven, e identificar que papel poden xogar na nova sociedade que entre todos temos que construír.Santillana e UNICEF Comité Español premiarán o esforzo dos novos escritores e artistas coa publicación do seu relato ou debuxo no blog Eu conto. Coas mellores historias e debuxos, seleccionados por un xurado de expertos, editarase un libro que se distribuirá entre os centros educativos españois. Ademais, os gañadores recibirán un lote de libros de Alfaguara Infantil e Xuvenil, e distintas coleccións infantís editadas polo diario El País, comoMisprimeiro clásicos, libros e DVD deDisney, dicionarios e contos infantís.Podes consultar as aquí as bases do concurso.

Más información:

Departamento de Comunicación UNICEF

Dailo Allí, xefe de Prensa

Tel. 609160051, comunicació[email protected]

 

 Departamento de Comunicación de Santillana

Tel. +34 91 744 9060, Fax +34 91 744 9261

santillana.com