Rosa María Calaf fai un chamamento polos nenos do Corno de África

A veterana xornalista Rosa María Calaf fixo un chamamento polos nenos afectados pola desnutrición no Corno de África. Coñecedora durante décadas das precarias condicións de vida de millóns de nenos no mundo, así como dos efectos de distintas catástrofes humanitarias, Rosa María Calaf fai un chamamento para conseguir apoios para o traballo do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, que concentra os seus esforzos nas áreas que salvan vidas: nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil.


Nunha mensaxe que hoxe se difunde a través de internet, Rosa María Calaf sinala que o Corno de África "se enfronta a un dos maiores desastres das últimas décadas, aínda que corre o risco de pasar desapercibido". Recorda a ex correspondente de TVE queUNICEF traballa en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti, e insisten en que se necesitan todos os apoios posibles, dadas as dimensións da crise humanitaria, que segue crecendo, cun imparable goteo de miles de desprazados. A situación é especialmente complicada para preto de 600.000 nenos, cuxas vidas corren perigo inminente. UNICEF traballa sobre o terreo con outras axencias de Nacións Unidas, ONGs internacionais e locais, intensificando constantemente a súa resposta. Entre as súas principais accións nesta emerxencia, UNICEF é o principal provedor de alimento terapéutico, un composto que cura a desnutrición; emprendeu unha campaña de vacinación na que xa foron vacinados máis de cen mil nenos; presta apoio a 500 centros nutricionais no Sur de Somalia; e establece espazos de protección para os nenos. Rosa María Calaf, que foi testemuña directa das maiores catástrofes humanitarias das últimas décadas, coñece de primeira man o traballo de UNICEF e decidiu sumarse aos esforzos da organización para salvar as vidas dos nenos que sofren os efectos da seca, o aumento do prezo dos alimentos e o conflito que vive Somalia dende hai vinte anos.

Para ver o vídeo ou utilizar o enlace, picar aquí :http://www.youtube.com/watch?v=APbpZeIwkVU

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

Web: www.unicef.es

SMS: Envía a palabra SOMALIAal 28028 **

Contas correntes:

BBVA(0182-2370-40-0208517159)

BANESTO(0030-8301-77-0000304271)

SANTANDER(0049-1804-16-2610410756)

ING(1465-0100-95-6000000000)

BANKIA(2038-1043-19-6000877505)

LA CAIXA(2100-5731-70-0200005001)

POPULAR(0075-0001-87-0606914075)

BANKINTER(0128-9404-02-0100010592)

BARCLAYS(0065-0100-15-0001581749)

** O custo íntegro para usuarios de Movistar,Vodafone e Orange é de 1,20 euros e irá integramente aUNICEF. Resto, consulte co seu operador, custo máximo 1,42 euros.Número curto oficial de UNICEF España. Sen fins comerciais. Operado porAlvento n.atn.clte:902887786alvento.es. Información legal e protección de datos: unicef.es.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]