Resposta urxente ao brote de cólera en Iraq

UNICEF apoia as medidas para protexer aos nenos e as comunidades contra a enfermidade

UNICEF forma parte da resposta e as medidas urxentes que se puxeron en marcha en Iraq para protexer ás comunidades e familias dun brote de cólera. Este afectou xa a máis de 2.200 persoas ?o 20% delas nenos- en 15 das 18 provincias do país.

Mentres aumenta a preocupación por que a enfermidade se estenda debido ás recentes choivas torrenciais e á inseguridade, UNICEF -xunto á Organización Mundial da Saúde- apoia a resposta dirixida polo Ministerio de Sanidade iraquí; UNICEF está a distribuír e garantindo subministracións de auga, proporcionando tratamento para quen mostran síntomas de cólera, e levando a cabo unha campaña de comunicación nacional para axudar á xente a protexerse da enfermidade.
 
"Desafortunadamente hai un alto risco de que o cólera alcance outras zonas de Iraq e afecte especialmente a nenos e mulleres desprazados e marxinados, e ás súas familias", dixo Peter Hawkins, representante de UNICEF en Iraq. "Así que temos que actuar rapidamente".
 
As fortes choivas de finais de outubro alagaron varias áreas do país consideradas como vulnerables a unha expansión do cólera; por exemplo, as graves inundacións preto de Bagdad causaron que os sistemas de rede de sumidoiros desbordásense, o cal afectou a 65.000 residentes de campos para persoas desprazadas por mor da violencia en Iraq.
 
Desde que se confirmou o brote de cólera, a mediados de setembro, UNICEF apoiou a distribución de auga embotellada para 37.000 persoas, e o transporte duns 100.000 litros de auga ao día en camións para 5.000 persoas. Instaláronse tanques de auga para 15.500 persoas, e 44.250 familias recibiron kits de auga e hixiene. Ademais distribuíronse 1,3 millóns de pastillas para tratar a auga de uso doméstico e 1.000 de uso comunitario para os tanques de almacenamento de auga, co obxectivo de garantir que as subministracións de auga dos fogares son desinfectados correctamente.
 
"Unha parte importante dos nosos esforzos ten como obxectivo axudar ás comunidades a protexerse a si mesmas contra o cólera", dixo Hawkins. "Poden facelo con medidas sinxelas, por exemplo utilizar auga só de fontes protexidas, tratar a auga que se almacena en casa, ou acudir ao médico en canto calquera membro da familia teña diarrea ou outros síntomas".
 
UNICEF proporcionou ás autoridades sanitarias 820.000 sobres de sales de rehidratación oral para tratar aos pacientes con deshidratación. Para garantir que a poboación comprende a magnitude da ameaza que supón o cólera, os fogares están a recibir materiais informativos sobre a enfermidade, nas escolas están a darse mensaxes de prevención e concienciación, está a darse información en visitas a casas e tamén a través de SMS, redes sociais, medios de comunicación e carteis publicitarios en zonas de alto risco.
 
Desde que se confirmou o brote de cólera, a mediados de setembro, UNICEF apoiou a distribución de auga embotellada para 37.000 persoas, e o transporte duns 100.000 litros de auga ao día en camións para 5.000 persoas. Instaláronse tanques de auga para 15.500 persoas, e 44.250 familias recibiron kits de auga e hixiene. Ademais distribuíronse 1,3 millóns de pastillas para tratar a auga de uso doméstico e 1.000 de uso comunitario para os tanques de almacenamento de auga, co obxectivo de garantir que as subministracións de auga dos fogares son desinfectados correctamente.
 
?Unha parte importante dos nosos esforzos ten como obxectivo axudar ás comunidades a protexerse a si mesmas contra o cólera?, dixo Hawkins. ?Poden facelo con medidas sinxelas, por exemplo utilizar auga só de fontes protexidas, tratar a auga que se almacena en casa, ou acudir ao médico en canto calquera membro da familia teña diarrea ou outros síntomas?.
 
O comezo do curso escolar atrasouse durante un mes en moitas partes do país debido á seriedade do brote de cólera.
 
As operacións humanitarias en Iraq seguen sufrindo un serio déficit de financiamento. UNICEF necesita urxentemente 12,7 millóns de dólares (11,6 millóns de euros) para levar a cabo a resposta ao brote de cólera. 

Más información:

Karim Elkorany, UNICEF Iraq, [email protected]; +964 780 925 8542

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, [email protected]; +41 799 639 244

Simon Ingram, Oficina Rexional de UNICEF, [email protected], +962-79-590-4740

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]