A redución da Axuda Oficial ao Desenvolvemento pon en perigo os logros na loita contra a mortalidade infantil

O informe Unha vitoria posible: a axuda internacional e a supervivencia infantil en Bolivia mostra como a axuda contribuíu a salvar a vida de 231.000 nenos

Nos últimos 21 anos a cooperación internacional tivo un papel clave en salvar a vida de 73 millóns de nenos. Unha cifra que equivale a todos os nenos menores de 5 anos de Alemaña, España, Estados Unidos, Rusia e 22 países máis. A Axuda Oficial ao Desenvolvemento española contribuíu a este esforzo mundial, que segue sendo necesario para facer fronte aos retos que afectan á infancia máis vulnerable en todo o mundo. Actualmente morren cada día 14.000 nenos menos que en 1990 grazas ao compromiso de gobernos e organismos internacionais, a eficacia da axuda, o avance nos coñecementos e a experiencia acumulada ao longo dos anos.

O informe presentado hoxe por UNICEF Comité Español, Una vitoria posible: a axuda internacional e a supervivencia infantil en Bolivia, mostra o caso particular deste país andino onde se salvou a vida de 231.000 nenos nos últimos 21 anos. Tanto a mortalidade infantil coma a materna reducíronse un 58% grazas á ampliación da cobertura sanitaria, que foi posible polos recursos asignados polo goberno boliviano e a cooperación internacional. O seu exemplo forma parte dun esforzo global no que a cooperación xogou un papel protagonista e que agora podería estar ameazado pola redución dos programas de axuda. España e outros países doadores reduciron drasticamente os fondos destinados á Axuda Oficial ao Desenvolvemento nos últimos anos. Segundo o Comité de Axuda ao Desenvolvemento, España é o país que máis reduciu a súa contribución en 2012 (un 49,7%, que se une ao 32,7% de 2011). Isto sitúanos nos mesmos niveis que había en 1981, cando España foi considerada país doador por primeira vez na historia. "A Axuda Oficial ao Desenvolvemento española debe seguir contribuíndo a frear a mortalidade infantil en todo o mundo. E debe facelo precisamente agora, porque está en xogo a vida de millóns de nenos", afirmou esta mañá, durante a presentación do informe,Javier Martos, Director Executivo deUNICEF Comité Español. No mundo morren 19.000 nenos ao día por causas evitables como diarreas ou pneumonías que teñen unha curación simple, de baixo custo e de alto impacto.

Estamos ante a mellor oportunidade da historia para dar un paso definitivo contra a mortalidade infantil: temos a experiencia e o coñecemento para seguir reducindo estas mortes, que son totalmente evitables. É intolerable que en pleno século XXI siga sucedendo isto. Non é momento de parar", apuntou Marta Arias, Directora de Sensibilización e Políticas de Infancia de UNICEF Comité Español. Por esa razón, UNICEF Comité Español puxo en marcha hoxe a campaña Agora non podemos parar, que pide que a cidadanía actúe para que non se deteña a Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Para iso, calquera persoa pode asinar a través da páxina web www.unicef.es/ahoranopodemosparary unirse así ao obxectivo de que a redución da mortalidade infantil non se deteña.

Ver spot:  http://www.youtube.com/watch?v=AyesHSmKOOs

ACTÚA:

www.unicef.es/ahoranopodemosparar

Para descargar fotografías, videos, infografías e gráficos en alta calidade:

https://video.unicef.es/com/ahorano

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

UNICEF España

Dailo Alli

609 160 051 / 91 378 85 91 

[email protected]