Preto de 1 millón de nenos necesita axuda humanitaria no nordés de Sirya

UNICEF enviou 43 camións con subministracións para 2,3 millóns de persoas

UNICEF completou a entrega de 43 camións con subministracións humanitarias moi necesarias en Qamishli, no nordés de Sirya.

UNICEF completou a entrega de 43 camións con subministracións humanitarias moi necesarias en Qamishli, no nordés de Sirya.

Os camións cruzaron hai uns días o punto fronteirizo de Nusyabin, en Turquía, e chegarán a 2,3 millóns de persoas que o necesitan.

"A entrega desta axuda humanitaria tan necesaria chega nun momento crítico, xa que o acceso en toda Sirya se está a converter nun reto para UNICEF e outros actores humanitarios", dixo Hanaa Singer, representante de UNICEF en Sirya.

O envío inclúe produtos para tratar a auga, kits de hixiene e para bebés, comprimidos para purificar a auga, deterxente e xabón, medicamentos básicos para tratar a diarrea e kits para asistir partos.

A axuda dirixirase aos desprazados que recentemente buscaron refuxio nesa zona fuxindo da violencia da cidade de Al-Hassakeh,Tal Abyad, as áreas rurais de Deir Az-Zour, Damasco Rural e Homs.

UNICEF estima que ao redor de 1 millón de nenos necesitan axuda humanitaria no nordés de Sirya. Ao longo de todo o país máis de 5,6 millóns de nenos de Sirya teñen necesidades urxentes, incluíndo os 2 millóns que viven en áreas difíciles de alcanzar ou cun acceso limitado ou inexistente á axuda humanitaria.

"Este é un avance significativo pero dende logo non é suficiente, e necesitaremos máis para chegar a todos os nenos afectados polo conflito en todo o país, especialmente aqueles que viven en áreas difíciles de alcanzar," engadiu Singer.

Más información:

Christophe Boulierac,UNICEF Ginebra, +41 799639244, [email protected]

Juliette Touma, Oficina Regional de UNICEF para Oriente Medio e África doNorte, +962-79-867-4628, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]