Preocupación extrema polo impacto nos nenos da escalada da violencia en Somalia

UNICEF pide o fin das matanzas, mutilacións, violacións e recrutamento de nenos

UNICEFmanifiesta hoxe a súa preocupación extrema polo impacto que está a ter nos nenos a escalada da violencia no conflito de Somalia. "Cada vez máis nenos e civís están atrapados no medio dos ataques e do lume cruzado no sur e centro de Somalia", dixo o Representante de UNICEF en Somalia, Sikander Khan. "Durante as últimas semanas estamos a ver un aumento moi preocupante de mortes e feridas graves a nenos. "

Segundo o sistema de supervisión e informes da ONU sobre violacións graves dos dereitos da infancia, 24 nenos foron asasinados no conflito durante o pasado mes de outubro, case o dobre dos asasinatos de nenos producidos cada mes neste ano. Ademáis, 58 nenos sufriron feridas graves en outubro, converténdose no mes con maior número de nenos feridos a consecuencia do conflito armado en Somalia este ano. No que vai de 2011, confirmouse que preto de 300 nenos teñen sufrido lesións graves e máis de 100 morreron a consecuencia do conflito. "A pesar de que  confirmamosestas cifras de nenos asasinados e feridos graves, é probable que a dimensión sexa moito maior, con moitos máis nenos asasinados ou feridos que non se puideron confirmar," sinalou Khan.Tamén é obxecto de preocupación o recrutamento e a utilización de nenos por parte de grupos armados e a violencia sexual contra nenos e mulleres. Este ano, o sistema de supervisión e informes da ONUconfirmou que máis de 600 nenos foron recrutados e utilizado por parte de grupos militares, e uns 200 foron violados, na súa maioría nenas.

"As vidas dos nenos de Somalia están cada vez máis en grave perigo debido á escalada do conflito. De acordo co dereito internacional, facemos un chamamento a todas as partes no conflito en Somalia para que deteñan todas as matanzas, mutilacións, o recrutamento e as violacións de nenos. Débese garantir a seguridade e a protección dos nenos ante calquera acto hostil", dixo Khan. A escalada de violencia tamén pon en perigo a subministración de asistencia humanitaria aos que máis o necesitan. "Moitos dos centos de miles de nenos que xa se enfrontan a unha situación de vida ou morte debido á fame e as enfermidades, agora fan fronte ao risco de que se paralice a axuda humanitaria. Facemos un chamamento a todas as partes para que nos permitan responder de xeito rápido e completo aos nenos e as mulleres que estean nunha necesidade urxente. As vidas de miles de nenos están en xogo e son a nosa responsabilidade", declarou Khan.

Nota


O sistema de Nacións Unidas vén facendo seguimento dende finais de 2005 e en cumprimento das Resolucións do Consello de Seguridade 1612 (2005), 1882 (2009) e 1998 (2011), das violacións graves dos dereitos dos nenos producidas polas distintas partes no conflito en Somalia. Nos últimos anos, recolleuse información acerca de graves violacións dos dereitos do neno, incluíndo: asasinatos e mutilacións, recrutamento e utilización de nenos por parte das forzas armadas e de grupos armados , violacións e outras formas de violencia sexual, secuestro de nenos, ataques a escolas e hospitais e a negación de acceso humanitario.

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]