A pobreza infantil chega ao pleno do Congreso dos Deputados a través dunha proposta conxunta de todos os grupos

Unha Proposición non de Lei que se debaterá o próximo 19 de xuño, formula que a loita contra a pobreza infantil se converta en asunto prioritario na presente lexislatura. Un informe presentada por UNICEF España o pasado 21 de maio pon de relevo que por primeira vez os nenos son o colectivo máis empobrecido no noso país

A Mesa do Congreso dos Deputados admitiu a trámite por unanimidade unha Proposición non de Lei (PNL) presentada polos grupos de PP, PSOE, CiU, Esquerda Plural UPyD, EAJ-PNV e o Grupo Mixto, pola que o Congreso "se compromete a facer do combate contra a pobreza na infancia un asunto prioritario na presente lexislatura". A iniciativa será debatida no pleno do Congreso o próximo 19 de xuño, case un mes despois de que UNICEF España presentase o seu informe sobre o impacto da crise na infancia, que revela que máis do 26% da poboación infantil vive por debaixo do albor da pobreza.

O texto da PNL insta ao Goberno a impulsar e definir a través do Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social (PNAIN) 2013/2015 unha folla de ruta "que articule unha estratexia de protección á familia e infancia, promovendo medidas e metas para reducir a pobreza infantil e en favor da inclusión social".

A proposición, presentada conxuntamente por todos os grupos parlamentarios, tamén reclama que se elabore o Informe Social Nacional solicitado pola Comisión Europea no marco da Estratexia 2020, "incluíndo neste a redución da pobreza infantil como un dos obxectivos prioritarios".
 

Por último, o terceiro punto da PNL insta o Goberno a "promover a calidade, a coordinación, a eficacia e a coherencia da intervención das diferentes administracións públicas en relación coa infancia, especialmente na loita contra a pobreza infantil,".

A Proposición recolle cuestións básicas propostas no informe Infancia en España: o impacto da crise nos nenos, presentado a finais de maio por UNICEFEspaña e no que se recompilan datos que revelan que por primeira vez os nenos son o colectivo máis pobre no noso país.

A Presidenta de UNICEFEspaña, Consuelo Crespo, destacou "a grande importancia de que esta proposición se presentase de xeito conxunto por todos os grupos parlamentarios, xa que a infancia debe ser un compromiso de todos por enriba de calquera diferenza, e é momento de orientar a mirada das grandes decisións cara ao que agora é o colectivo máis empobrecido de España".

2,2 millóns de nenos por debaixo do albor da pobreza  

En España, case 2.200.000 nenos viven por debaixo do albor da pobreza, sendo o colectivo máis afectado pola crise económica, segundo recolle o mencionado informe de UNICEF España. A pobreza infantil, estabilizada durante anos en torno ao 24% da poboación menor de idade, superou o 26%, unha porcentaxe que está case cinco puntos por enriba da media nacional en 2011 e que nunca se alcanzara para esta franxa de idade dende que existe a Enquisa de Condicións de Vida (2004).

A experiencia de UNICEFdemostra que países de distintas rexións do mundo que en situacións difíciles fixeron un esforzo por aplicar medidas con 'rostro humano', protexendo os recursos dedicados ás familias e os nenos, tiveron unha saída mellor e máis sostible á crise.

Por este motivo, UNICEFEspaña formula no seu informe que se fai imprescindible mirar máis alá do curto prazo, analizando detidamente o posible impacto presente e futuro das decisións que tomen en cada momento. Ademais de protexer o investimento na infancia, UNICEF avoga por unha mellora da calidade, a eficiencia e a coordinación das políticas destinadas á infancia.

A protección da igualdade de oportunidades para a infancia é unha cuestión de ética e xustiza, pero ademais é unha aposta estratéxica e transformadora, beneficiosa para o desenvolvemento sostible da sociedade. Pola contra, o custo de non actuar pode ter consecuencias irreversibles a medio e longo prazo.

Por estas razóns, UNICEF España propón no seu informe as seguintes medidas básicas:

- Protexer os investimentos destinados á infancia.
- Poñer os nenos e as súas familias no núcleo das decisións políticas.
- Mellorar a coordinación, a eficacia e a coherencia na xestión da saúde, a educación, a protección da infancia e a loita contra a pobreza.
- Elaborar un Plan Nacional contra a Pobreza Infantil, tal e como recomendou en 2010 o Comité dos Dereitos do Neno e foi recollido nos programas electorais dos principais partidos nas pasadas eleccións.
  

 Pobreza relativa ou por debaixo do albor da pobreza: por debaixo do 60% da mediana dos ingresos anuais por fogar. 

 Descargar o informe completo:
http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/la-infancia-en-espana-2012-2013

Más información:

Dailo Allí, UNICEF España, +34 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]
www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter
Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es