A pesar dos avances en supervivencia infantil, máis de 17.000 nenos morren cada día por causas que podemos evitar

A mortalidade infantil reduciuse case a metade dende 1990, pero a vida de millóns de nenos aínda depende de medidas tan sinxelas como ter vacinas

UNICEF Comité Español pon en marcha a campaña 'Agora non podemos parar': co importe dun SMS* UNICEF pode vacinar un neno e seguir contribuíndo a reducir a mortalidade infantil

Os índices de supervivencia infantil aumentaron radicalmente dende 1990, período durante o cal o número absoluto de mortes de nenos menores de cinco anos se reduciu a case a metade, pasando dos 12,7 millóns os 6,3 millóns. Hoxe en día sobreviven máis nenos á idade de cinco anos que nunca antes na historia, grazas aos esforzos mundiais por evitar as mortes infantís previbles. Pero como explica o presidente do Comité Español de UNICEF Carmelo Angulo, "a pesar dos avances, non podemos quedar impasibles ante o feito de que máis de 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unha nutrición axeitada".

Para afrontar as necesidades de recursos da loita pola supervivencia infantil, UNICEF Comité Español pon en marcha a súa campañaAgora non podemos parar ata principios de 2015 para trasladar á opinión pública as diferentes situacións que ameazan a supervivencia de millóns de nenos, os avances realizados e os grandes retos pendentes para seguir salvando vidas. A través desta campaña, calquera persoa pode contribuír ao traballo da organización en supervivencia infantil enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028 ou entrando en https://www.unicef.es/ahoranopodemosparar/O anuncio da campaña, na voz de Toni Garrido, foi rodado en Burundie está protagonizado por Iridé, un neno de dous anos que padecía unha infección respiratoria e que se recuperou por ter acceso aos medicamentos que necesitaba. O anuncio reflicte que co custo dun SMS (1,20 euros íntegros para UNICEF) se pode salvar a vida dun neno con medidas sinxelas como a vacinación. A pneumonía, a diarrea e a malaria seguen sendo as principais causas de mortalidade infantil. Enfermidades que se poden previr doadamente cunha vacina, unha mosquiteira ou acceso a auga potable. As campañas de vacinación evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tose ferinae sarampelo. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas do mundo, en 2013 subministrou 2.790 millóns de vacinas para inmunizar un terzo dos nenos do mundo. O uso de mosquiteiras prevén nun 20% a mortalidade infantil por causa da malaria. En 2013, UNICEF repartiu máis de 30 millóns de mosquiteiras para protexer os nenos e as súas familias contra esta enfermidade.

A desnutrición está detrás de preto da metade das mortes infantís que se producen en todo o mundo. Con esforzos de prevención e cun tratamento axeitado moitas destas vidas pódense salvar. En 2013, UNICEF proporcionou tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos en emerxencias. O acceso a auga potable prevén as enfermidades diarreicas que causan 567.000 mortes de menores de cinco anos cada ano. En 2013,UNICEF contribuíu a que 24,3 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable en emerxencias.UNICEF encóntrase nunha situación única para seguir avanzando en materia de supervivencia infantil, porque traballa cunha ampla rede de aliados, dende os que toman as decisións a todos os niveis ata as comunidades locais e as familias. A organización traballa en máis de 150 países en desenvolvemento con equipos profesionais e estables en programas a longo prazo que cada ano salvan a vida de miles de nenos. Para poder seguir contribuíndo a esta loita pola supervivencia dos nenos, UNICEF Comité Español fai un chamamento coa campaña Agora non podemos parar, baseada na idea de que, ante a paulatina redución da mortalidade infantil non podemos parar de seguir salvando vidas. Calcúlase que dende o ano 1990, 223 millóns de nenos morreron antes do seu quinto aniversario, na súa maioría por causas evitables. A boa noticia é que é posible avanzar máis rápido na redución da mortalidade infantil. As experiencias de moitos países mostran que é posible reducir de xeito drástico o número de mortes previbles de menores de cinco anos en todos os países, sexa cal sexa o seu nivel de renda. Por iso agora non podemos parar. "UNICEF pode seguir facendo este traballo grazas á axuda de todas aquelas persoas e entidades públicas ou privadas que nos apoian ao longo dos anos ou en campañas como a que hoxe iniciamos", dixo o presidente deUNICEF Comité Español. "Por iso", engadiu, "quero manifestar o noso profundo agradecemento a cada unha desas persoas e entidades e a todas aquelas que nos apoien na nosa nova campaña: necesitámosvos máis que nunca para que, xuntos, poidamos seguir recortando a dolorosa taxa de mortalidade infantil".

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España

Tel: +34 609 160 051 / +34 91 378 95 55, [email protected]