Pau Gasol: "Volvo de Iraq, onde coñecín nenos sirios que fuxiron dunha traxedia e que agora dependen da axuda humanitaria,"

Pau Gasol, bicampión da NBA e embaixador de UNICEF ComitéEspañol dende 2003, regresa hoxe de visitar o campo de refuxiados de Domiz, en Iraq, construído hai un ano preto da cidade de Dohuk, e que acolle máis de 45.000 refuxiados sirios que chegaron ata aquí fuxindo do conflito que sofre o seu país.

Nesta viaxe, Pau Gasolcoñeceu directamente nenos "que fuxiron dunha traxedia e que agora dependen da axuda humanitaria" Iraq é un dos países que máis refuxiados sirios acolle, uns 160.000, que chegan tras percorrer moitos quilómetros a pé ou en camións e autobuses das axencias internacionais, ás veces sen auga nin comida. Segundo Nacións Unidas, máis de 1,7 millóns de persoas fuxiron da guerra de Sirya a países veciños, en ocasións sen equipaxe nin diñeiro, só co posto.Pau Gasol coñeceu de primeira man as consecuencias desta crise para os nenos e como o traballo deUNICEF e os seus aliados consegue salvar vidas, protexer os nenos e devolverlles a escola. Como resultado deste traballo conseguiuse, entre outros logros: 10 millóns de persoas tiveron acceso a auga potable en Sirya e países veciños, máis de 1,9 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo e preto de 260.000 teñen acceso a educación. Os nenos de Sirya están a sufrir unha guerra dentro do seu país e a maior crise de refuxiados dende a traxedia de Ruanda. Iraq é un dos países que acollen as vítimas do conflito sirio e alí Pau Gasol coñeceu nenos como Suliman, que lle dixo: "en Sirya destruíron as nosas tendas...quero que remate a guerra e volver á casa, e que os meus irmáns e eu poidamos volver á escola". "Resulta moi impresionante saber que hai centos de miles de nenos nestas circunstancias, a guerra non é lugar para eles: violencia, destrución e falta de servizos básicos que necesitan para crecer e desarrollarse"sinalou o embaixador de UNICEF Comité Español.

Hai máis de catro millóns de nenos afectados por este conflito, sofren as consecuencias dos enfrontamentos e a falta de acceso a servizos básicos de saúde, educación e protección. O traballo de UNICEF consiste en darlles acceso a eses servizos e en apoialos para que logren superar o que lles tocou vivir. Como indicou Pau Gasol "é un traballo inmenso e á vista están os resultados, pero non debemos esquecer que as necesidades crecen e se prolongan no tempo, así que a axuda segue facendo falta,". Debido á dimensión e a duración desta crise humanitaria, "as axencias da ONU realizaron un chamamento sen precedentes para que os gobernos de todo o mundo busquen unha saída inmediata a esta traxedia" asegurou a presidenta de UNICEF Comité Español, Consuelo Crespo, durante a rolda de prensa. O ritmo de aumento dos afectados e a escaseza de fondos están a poñer en risco a continuidade do traballo de UNICEF. Neste sentido, Consuelo Crespo dixo que "como en todas as emerxencias, empezamos a traballar con rapidez grazas aos nosos recursos regulares, que veñen das achegas dos nosos socios, gobernos e aliados, pero nunha crise prolongada e crecente como esta, non podemos garantir todo o traballo só con eses recursos". Para que UNICEF poida seguir traballando nesta emerxencia humanitaria no que queda deste ano, son necesarios 355 millóns de euros, pero ata o momento só se recibiu o 54% dos fondos necesarios. Consuelo Crespo quixo agradecer a Pau Gasol especialmente esta viaxe "porque, aínda que xa é o quinto que fai con UNICEF, estamos ante unha situación humanitaria practicamente descoñecida para a opinión pública". Tamén expresou o agradecemento da organización aos miles de persoas, socios, doadores, administracións públicas, empresas e outras entidades que contribuíron ao traballo deUNICEF nesta crise humanitaria.

 Se non chega a axuda suficiente, só en Iraq este ano 30.000 nenos poderían deixar de ter acceso a auga, servizos de saneamento e hixiene; uns 17.000 non terán acceso a axuda psicosocial, e miles de nenos non poderán ir ás escolas que instala UNICEF. Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto** coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web:

www.unicef.es/siria

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Máis información sobre o traballo de Pau Gasol con UNICEF:

http://www.unicef.es/infancia/proyectos-desarrollo-cooperacion/iniciativas/el-proyecto-de-pau

Para descargar vídeos e fotos:

ftp://unicef.video.es/Pau

Usuario:  Refcom

Contrasinal:  uce442087

** O custo íntegro para usuarios de Movistar, Vodafone eOrange é de 1,20 euros e irá integramente a UNICEF. Resto, consulte co seu operador, custo máximo 1,45 euros, contribución máxima aUNICEF 1,20 euros. Número curto sen fins comerciais. Operado por UNICEFn.atn.clte: 902080900 unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es

Más información:

Contacto: UNICEF ComitéEspañol

Dailo Alli 609 160 051 / 91 378 85 91 

[email protected]