Pau Gasol: "Grazas á axuda de todos estanse a salvar moitas vidas"

Pau Gasol, medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012, bicampeón da NBA e Embaixador de UNICEF España dende 2003, visitou nos últimos días varias zonas da rexión de Kanem, en Chad, onde miles de familias sofren os efectos da crise nutricional do Sahel. Tras coñecer de primeira man o traballo que realiza UNICEF xunto con 71 aliados e as comunidades afectadas, Pau conclúe a súa viaxe a Chad constatando que "grazas á axuda de todos se están a salvar moitas vidas, en Chad xa recibiron tratamento contra a desnutrición a metade dos nenos afectados, pero non debemos esquecer que en todo Sahel aínda hai centos de miles de nenos que necesitan este tratamento, temos que seguir poñendo o noso granito de area".

UNICEF conseguiu que máis de 335.000 nenos poidan recibir tratamento no Sahel no que vai de ano. O obxectivo é chegar a 700.000 nos próximos meses para atallar as consecuencias desta crise que afecta a 18 millóns de persoas en nove países desta rexión africana. A crise ten as súas causas na pobreza extrema, a seca, o incremento do prezo dos alimentos e os conflitos. Durante a súa estanza en Chad Pau Gasol pasou tres días na capital, N'Djamena, e outros tres días en Kanem, onde coñeceu o traballo de UNICEF en Mao eMiouh, unha pequena aldea na que se abriu un centro nutricional, instalouse un pozo de auga, apóiase a escola con formación de mestres e material escolar, e promóvense os hábitos de hixiene proporcionando subministracións e información práctica para evitar enfermidades como a cólera. "É moi importante poder chegar a lugares como Miouh, onde as familias teñen problemas que non poderían abordar sen o apoio de organizacións como UNICEF", dixo o Embaixador de UNICEF. Como exemplo do alcance da axuda, referiuse a unha das nenas que coñeceu nesta viaxe "Fatime, unha nena que está en tratamento por desnutrición no centro terapéutico de Mao. Vive a 60 quilómetros deste centro nun poboado en medio da area, sen estradas, pero grazas á rede de traballo de UNICEF e outras organizacións, hoxe está a recuperarse. Historias como esta repítense".

 
En Mao, Pau tamén coñeceu o programa de UNICEF para fomentar os hábitos de hixiene entre os nenos, arbitrando un partido de fútbol e pedindo aos nenos que, ao rematar, se lavaran as mans, unha práctica que evita enfermidades mortais. Na mesma escola, compartiu unhas horas con nenos que asisten a cursos de 'repesca' para os escolares que non puideron finalizar o curso debido á crise nutricional. Xunto coa FAO e o PMA, visitou un wadi, áreas similares a oasis nas que a implantación dun sinxelo sistema de rego e a repartición de sementes contribúe á supervivencia de familias. En N'Djamena Pau Gasol compartiu co Ministro de Xuventude e Deportes,Haikal Zacharia, a súa convicción de que o deporte é "unha ferramenta excepcional para o fomento de valores, para o desenvolvemento dos nenos e para contribuír ao desenvolvemento dos seus países,". Nun acto organizado porUNICEF, o Goberno de Chad, a federación e a liga de baloncesto, Pauincidiu nesta mensaxe e participou en varios partidos de equipos xuvenís.  
 
‘O Proxecto de Pau’
 
Chad é o cuarto país que Pau Gasol visitou como Embaixador de UNICEF. A primeira viaxe foi en 2005 a Sudáfrica para coñecer proxectos de loita contra a SIDA infantil, o igual que en Angola en 2007. A súa terceira viaxe foi en 2010 a Etiopía, onde o xogador de baloncesto decidiu implicarse persoalmente con OProxecto de Pau a través deSchools of Africa, unha iniciativa da Fundación Nelson Mandela, a Sociedade de Hamburgo e UNICEF para a escolarización infantil. O Proxecto de Pau foi reflectido nun documental producido por laSexta e dende a súa posta en marcha supuxo as seguintes accións:

12.000 nenos que viven en zonas remotas puideron volver á escola grazas á construción, reparación ou equipamento de 80 aulas de ensino alternativo situadas en 32 áreas distintas.

Formación de 160 educadores para centros de educación temperá en preparación de materiais de ensino, métodos educativos e en apoio e coidado dos nenos.

  
•  Adquisición e distribución de Kits de ensino e formación de educadores para a súa utilización .
 
•   Formación de 15.000 pais.

  
Renovación de 11 centros de educación temperá e construción e equipamento de 21.

 
Á parte da súa vinculación directa co proxecto de Etiopía, O Proxecto de Pauimpulsou campañas e iniciativas pola supervivencia e o desenvolvemento infantil, especialmente en apoio dos programas de nutrición e saúde de UNICEF para a prevención da desnutrición e para a acción en crises humanitarias como as de Corno de África (2011) e o Sahel (2012). Pau Gasol colabora con accións de UNICEF tanto en España coma en Estados Unidos, onde reside habitualmente.
Máis información sobre o traballo de Pau Gasol con UNICEF:

 http://www.unicef.es/infancia/proyectos-desarrollo-cooperacion/iniciativas/el-proyecto-de-pau
 
 
 
Para descargar fotos e video da viaxe:

https://unicefweb.unicef.es/com/paugasol
Usuario:     Refcom
Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]