Pau Gasol: "Estou en Chad para recordar que no Sahel hai un millón de nenos en grave risco pola crise nutricional"

Pau Gasol, medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012, bicampeón da NBA e Embaixador de UNICEF España dende 2003, visita estes días varias zonas de Chad que sofren os efectos da crise nutricional do Sahel. En Chad, máis de 127.000 nenos están en grave risco por desnutrición, intentando sobrevivir no medio dunha crise provocada por factores como a prolongada seca ou o incremento do prezo dos alimentos que, unidos á pobreza extrema, deixaron a 18 millóns de persoas afectadas en todo o Sahel.

Pau Gasol coñecerá de primeira man as consecuencias desta crise para os nenos e como o traballo deUNICEF e os seus aliados consegue salvar a vida de miles de nenos: na primeira metade de ano, este traballo logrou que 250.000 nenos de todo o Sahel poidan recibir tratamento contra a desnutrición aguda grave. "UNICEF empezou a avisar o ano pasado de que se podería producir esta situación, e púxose a traballar en medidas de prevención e en tratamento" explicou Gasol. "Pero -engadiu- aínda non chegou toda a axuda necesaria. Estou en Chad para recordar que no Sahel hai un millón de nenos en grave risco pola crise nutricional e que é posible acabar coa desnutrición". Durante a súa estanza en Chad visitará algún dos centros nutricionais que UNICEF apoia en toda a rexión, onde os nenos reciben tratamento contra a desnutrición e se fai seguimento da súa evolución para garantir a súa recuperación. O Embaixador de UNICEF coñecerá ademais o traballo de UNICEF contra o avance da desnutrición infantil, nun ano no que a seca está a rematar con máis do 80% dos cultivos, e o encarecemento da comida obriga as familias a buscar axuda ou, nalgúns casos, a racionalizar o pouco alimento que queda almacenado.Pau Gasol visitará unha das escolas dos programas de UNICEF que aseguran que, a pesar das dificultades, os nenos poidan seguir aprendendo, e onde grupos de voluntarios lles ensinan prácticas saudables como lavarse as mans, que evita enfermidades mortais como a diarrea ou a pneumonía. Máis información sobre a crise alimentaria do Sahel:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-nutricional-en-el-sahel

‘O Proxecto de Pau’

O compromiso dePau Gasol coa infancia dende que foi nomeado Embaixador de UNICEF España en 2003, non deixou de crecer. Despois de varios anos de colaboracións puntuais en campañas de sensibilización e de captación de fondos, en 2010 decidiu implicarse persoalmente a través del proyecto de pau, que se iniciou en Etiopía e que foi reflectido nun documental producido por laSexta. Dende a súa posta en marcha en 2010, a aposta del proyecto de pau polo dereito á educación en Etiopía supuxo as seguintes accións:  

12.000 nenos que viven en zonas remotas puideron volver á escola grazas á construción, reparación ou equipamento de 80 aulas de ensino alternativo situadas en 32 áreas distintas.

 •Formación de 160 educadores para centros de educación temperá en preparación de materiais de ensino, métodos educativos e en apoio e coidado dos nenos.

 • Adquisición e distribución de Kits de ensino e formación de educadores para a súa utilización.  

 • Formación de 15.000 pais.

 •Renovación de 11 centros de educación temperá e construción e equipamento de 21.  

 Ademais da súa vinculación directa ao proxecto de Etiopía, O Proxecto de Pau impulsou campañas e iniciativas pola supervivencia e o desenvolvemento infantil, especialmente en apoio dos programas de nutrición e saúde de UNICEF para a prevención da desnutrición e para a acción en crises humanitarias como as de Corno de África e oSahel. Pau Gasol colabora con accións de UNICEF tanto en España coma en Estados Unidos, onde reside habitualmente.  

Máis información sobre o traballo de Pau Gasol con UNICEF:

http://www.unicef.es/infancia/proyectos-desarrollo-cooperacion/iniciativas/el-proyecto-de-pau

Para seguir a viaxe en redes sociais: 

Twitter: @paugasol    @unicef_es    @unicefenEspanol    @raquelunicef

Facebook: http://www.facebook.com/paugasol  http://www.facebook.com/unicef.es

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051  [email protected]